viernes, 21 de febrero de 2020

Concurso

Non nos gusta presumir pero... esto témolo que contar: vimos de saber que as dúas aulas do cole que participaron no Concurso Galicia auga, literatura e rap pasaron á seguinte fase!!! Somos dous dos 5 finalistas que hai pola provincia da Coruña. Noraboa á clase de Noela e ao grupo de Miguel!
Non vos podemos adiantar moito, toca preparar as seguintes cancións e a dalo todo a ritmo de rap!! Temos uns artistas na escola!

Si tedes algunha aportación ou idea podedes deixarnos un comentario, calquera suxerencia será ben recibida! 

Lembrade: hai que elaborar un rap baseado na literatura galega que aluda á auga e ao coidado do medioambiente.

Vos iremos informando de como imos, esperemos que cheguemos ao final!



jueves, 20 de febrero de 2020

Club de Letras

O noso centro está embarcado noutra enriquecedora aventura, o Club de Letras. Fomos seleccionados para participar neste proxecto que no curso actual o tema escollido é a igualdade (contribución desde un punto de vista  literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia). 

Durante varias semanas, o alumnado da ESO e FP estivo investigando sobre a vida Gennet Corcuera...

Aprenderon un montón de cousas e así llo transmitiron ao resto do alumnado nunha exposición na biblioteca:


Gennet Corcuera nace no ano 1981 en Etiopía (África), en plena guerra civil. Este feito, xunto ao escaso desenvolvemento do país,  provoca máis pobreza e xurden moitas enfermidades. Cando Gennet ten 2 anos colle unha infección que lle provoca a xordeira e a cegueira.
A súa familia, humilde, sen recursos, abandónaa nun orfanato onde vive illada e sen atención.
Cando ten 7 anos, unha muller española que visita o orfanato, decide adoptala e, lévaa consigo a Madrid.

Alí, Gennet vai á escola e adquire un sistema de comunicación, emprega o dactilolóxico, a LSE e aprende o Braille na ONCE.
Co incondicional apoio da súa nai accede á universidade e tras moitos anos de  esforzo e sacrificio, obtén o título de Maxisterio.

Actualmente leva unha vida autónoma e independente, co apoio dunha asistente persoal, e traballa como mestra nunha escola de educación especial en Sevilla.

Estas son algúns dos traballos feitos polo noso alumnado para presentar a biografia desta admirable muller, tamén elaboraron uns antifaces para simular a súa cegueira e poñerse no seu lugar:
















Por si vos interesa, que saibades que se fixo unha película sobre a súa historia: Me llamo Gennet.

Tralo aprendido sobre a vida de Gennet Corcuera, estamos desexando coñecer a historia da seguinte muller, seguro que tamén nos abraia.



jueves, 13 de febrero de 2020

Día mundial da radio


Con motivo de que hoxe se conmemora o Día mundial da Radio, aproveitamos para amosarvos a primeira toma de contacto do noso alumnado con este medio. Desfrutaron moito!


Xornadas Violeta


Esta semana, o claustro participou nas III Xornadas Violeta que organizou o CEIP María Pita, a convidada foi Monste Vilar Figueirido, cofundadora da Librería de Mulleres Lila de Lilith e divulgadora de libros coeducativos. Tomamos nota dos fondos bibliográficos que nos recomendou para enriquecer a nosa biblioteca.


Retomamos


Voltamos do Nadal cheas de boas intencións, o noso próximo obxectivo é o Día da Paz.

Con motivo desta data, durante esa semana no centro as lecturas do proxecto lector versaron sobre a temática, contos e libros sobre valores, amizade, non violencia, etc., como “El viaje”, “Wangari y los árboles de la Paz, etc. Tamén vimos biografías relevantes como a de Gandhi ou Rosa Parks e algunha curtametraxe.

Por outro lado lado, tamén organizamos dous actos: un proposto polo CEIP Raquel Camacho (Coruña) a través da súa biblioteca para facer entre todos os centros educativos da cidade unha cadea humana ao longo do paseo marítimo, esta foi a nosa pancarta, mirade que chula nos quedou!:



Con ela fomos ao paseo se leu o seguinte manifesto:

Hoxe, celebramos o Día da Paz; nenos e nenas, mestres, mestras, familias, saímos dun mesmo lugar, as nosas escolas, porque como dixo Malala Yousafzai: “Un neno, unha mestra, un libro, un lapis poden cambiar o mundo”.
Nós tamén cremos que non hai mellor menciña contra as guerras, a fame, a desigualdade e a intolerancia que a educación.
Unimos as nosas mans desde o Milenium, erixido para conmemorar o século XXI, un século que queremos sexa de Paz en todo o mundo e, con elas,  fixemos unha onda que quere ser océano de ilusión, dun soño posible para todas as persoas de calquera cultura, crenza ou ideas baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade.
Das nosas mestras e mestres esperamos que sementen en nós coñecementos que provoquen preguntas, que nos axuden a formarnos no respecto á diversidade. Dos libros esperamos, que abran portas á reflexión para, con ese lapis, escribir unha historia nova que, como este faro ilumine sendeiros de paz.
O artigo décimo da Declaración dos Dereitos da Infancia di:
O dereito para ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.
Velaí o camiño cara a Paz.
Moitas grazas as vosas mans cómplices, fortes e decididas que deixamos hoxe como a nosa persoal pegada dun mundo posible, no que tezamos unha rede de afecto e respecto feita cos fíos da paz e a igualdade.


Por outro lado, xunto co CEIP María Pita fixemos no patio o símbolo da Paz:


1º Trimestre


Tivemos o blog parado, atendendo outras actividades pero enseguida vos poñemos ao día e prometemos tervos informados con actualidade:

En outubro desfrutamos de 5 sesións de Lecturas no Canmiño: esta iniciativa está integrada no programa Biblioteca Inclusiva, e está destinada a favorecer experiencias de lectura apoiada con cans. Para o seu desenvolvemento acompañáronnos Marta Jaquet –psicoterapueta- e o seu can Brus.
Tedes máis información aquí: Lecturas no Canmiño


Imaxe obtida de aquí.

Foi unha experiencia incrible que o alumnado non esquecerá. 

Ademais, as mestras participamos nunha formación de Radio na biblio, preparamos e gravamos un programa; e asistimos ás Xornadas de Bibliotecas Inclusivastomando nota das propostas e aprendendo doutros centros.



  • Tamén celebramos varias conmemoracións:


-      Día das Bibliotecas contando un conto estupendo e moi axeitado á nosa situación pois reflexa o que estamos a facer, pouco a pouco e entre todas, creando a nosa nova biblioteca.




  Samaín: o alumnado pasouno en grande vendo a interpretación que fixeron as mestras do conto Camuñas, esta foi a nosa selección para o expositor:





-      Día internacional contra a violencia, temos varios libros que tratan esta temática. Elaboramos unha gran pancarta amosando o noso rexeitamento á violencia.



   





-      Día da Discapacidade: esta foi a nosa selección e o noso lema: “Ti dis: capacidade”.





E así, case sen darnos conta, rematou o primeiro trimestre.


A nosa biblioteca


Como!?
Aínda non viñeches coñecer a nosa biblio? Aquí tes unhas fotiños de como quedou, días antes de enchela de libros e inaugurala...











Saúdos dende a biblioteca!


Saúdos dende a biblioteca!


Como ben sabedes, e retomando as palabras da última entrada ao blog, a anterior capitá do barco tivo que deixarnos pero o novo equipo de biblioteca procuraremos seguir a súa estela.
Os comezos son difíciles e a posta en marcha da biblioteca trala súa reforma implica un gran traballo, pero pouco a pouco poñerémola ao día.

A gran boa nova deste curso é a nosa recente incorporación ao programa de Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). É unha honra para nós formar parte desta rede e máis sendo un centro de educación especial, polo que poñeremos todo o noso empeño en visibilizar a diversidade e as capacidades do noso alumnado.


A nosa biblioteca foi inaugurada a finais do pasado curso cun gran acto de celebración, no que houbo lecturas, como non!? E mesmo maxia!

Neste momento estamos a poñela en marcha, renovando fondos bibliograficos e organizando actividades en torno a ela.

Volo iremos contando!