jueves, 20 de febrero de 2020

Club de Letras

O noso centro está embarcado noutra enriquecedora aventura, o Club de Letras. Fomos seleccionados para participar neste proxecto que no curso actual o tema escollido é a igualdade (contribución desde un punto de vista  literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia). 

Durante varias semanas, o alumnado da ESO e FP estivo investigando sobre a vida Gennet Corcuera...

Aprenderon un montón de cousas e así llo transmitiron ao resto do alumnado nunha exposición na biblioteca:


Gennet Corcuera nace no ano 1981 en Etiopía (África), en plena guerra civil. Este feito, xunto ao escaso desenvolvemento do país,  provoca máis pobreza e xurden moitas enfermidades. Cando Gennet ten 2 anos colle unha infección que lle provoca a xordeira e a cegueira.
A súa familia, humilde, sen recursos, abandónaa nun orfanato onde vive illada e sen atención.
Cando ten 7 anos, unha muller española que visita o orfanato, decide adoptala e, lévaa consigo a Madrid.

Alí, Gennet vai á escola e adquire un sistema de comunicación, emprega o dactilolóxico, a LSE e aprende o Braille na ONCE.
Co incondicional apoio da súa nai accede á universidade e tras moitos anos de  esforzo e sacrificio, obtén o título de Maxisterio.

Actualmente leva unha vida autónoma e independente, co apoio dunha asistente persoal, e traballa como mestra nunha escola de educación especial en Sevilla.

Estas son algúns dos traballos feitos polo noso alumnado para presentar a biografia desta admirable muller, tamén elaboraron uns antifaces para simular a súa cegueira e poñerse no seu lugar:
















Por si vos interesa, que saibades que se fixo unha película sobre a súa historia: Me llamo Gennet.

Tralo aprendido sobre a vida de Gennet Corcuera, estamos desexando coñecer a historia da seguinte muller, seguro que tamén nos abraia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario