viernes, 27 de octubre de 2023

Medalla de ouro Galiciaskills23

E hoxe pasamos por aquí para amosar os resultados e... toca presumir: as nosas alumnas, Lucía P. e Lucía T. quedaron campionas na súa modalidade, acadando a medalla de ouro!!



Os nosos parabéns polo seu traballo, aos seus profes pola dedicación e ao resto o equipo de FP polos ánimos e apoio, o cole enteiro está orgullosísimo de vós.

Seguro que é unha experiencia que non esqueceredes, e o primeiro de moitos éxitos.

Aquí tedes as súas caras de satisfacción:


Pasade pola web do cole para ver o traballo as nosas alumnas, das gañadoras: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceenosasenhorarosario/?q=node/854


lunes, 23 de octubre de 2023

Galiciakills2023

Galiciaskills 2023. 7º Campionato Galego de Formación Profesional

Tiñamos unha sorpresa agochada:

<<A finais do curso pasado incribímonos no Galiciaskills>>

Se trata dun campionato eminentemente práctico, que consiste no desenvolvemento de competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional.

Este mércores, no recinto Feira Internacional Abanca de Silleda, dúas das nosas alumnas representarán ao cole no campionato, desenvolvendo as súas habilidades na especialidade Peiteado.

Levan tempo practicando e non dubidamos dos bos resultados porque están a poñer todo seu empeño, coñecementos e, sobre todo, ilusión.


Desexámosvos boa sorte!! Só os vosos profes e compañeiros de nivel vos acompañan fisicamente pero dende o cole estaremos con vós.


Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fp/galiciaskills-2023

GaliciaSkills23

Magosto e Samaín

 Como nos gusta festexar! 

Atentos e atentas ás seguintes celebracións:


viernes, 13 de octubre de 2023

Co outono chega...

 ...o fresquiño, as follas caídas das árbores, os ourizos das castañas, lembrarnos do paraugas... 

E todo esto nos leva a celebrar o Magosto e o Samaín!!

Polo que ao noso expositor destas datas sumamos as novas adquisicións: