martes, 30 de junio de 2020

Pechado por vacacións


30 de xuño de 2020

podemos dar por rematado oficialmente o curso 2019/2020.

Hoxe, tocoume a min escribir esta entrada, pois as mestras están no último claustro; así que en nome das miñas compañeiras do equipo de biblioteca e no meu propio, paso por aquí para despedirme ata o vindeiro curso.

Sen dúbida este será inesquecible!

Ao longo destes meses, e máis nas últimas semanas, toda a comunidade educativa estivo implicada nas actividades que se propuxeron dende a biblioteca… cando teñades morriña botádelle un ollo ao blog para lembrar o que se traballou.
Tamén vos animo a que disfrutedes do verán, que recurrades á lectura nos vosos momentos de ocio e que aproveitedes os recursos que se foron colgando estes últimos meses, moitas plataformas continúan abertas para que poidamos beneficiarnos de numerosos libros e contos; tamén publicamos os lotes de libros que se foron incorporando á biblio, as novidades e os recunchos temáticos... son lecturas recomendables para o verán.
Vos facemos unha petición... Encantaríanos que fixerades comentarios no blog dicindo o que queirades, facendo suxerencias… sírvennos de aliciente para idear actividades novas e ter o blog actualizado; gústanos saber que ao outro lado hai xente que lle interesa o que facemos, mellor dito, o que fan @s seus fill@s, así que animádevos a comentar!


@s mestr@s do CEE Nosa Señora do Rosario deséxavos que disfrutedes do verán!! 
Con sentidiño, porque cabeza ten calquera.



domingo, 28 de junio de 2020

Día Internacional do Orgullo LGTBI+


28 de xuño: Día Internacional do Orgullo LGTBI+

E que significan estas siglas: L G T B I??

Pois as compañeiras do Equipo de Extraescolares, coa colaboración de Biblioteca, fixeron un traballo moi bo. Partindo dun conto: “Sirenas” e cun glosario, enténdese moi ben cada un destes termos. Na entrada anterior difundimos esta actividade.

A diversidade sexual é unha realidade que a nosa rapazada debe coñecer, neste sentido, a familia e a educación teñen un papel fundamental. A identidade sexual ou de xénero, recollida baixo as siglas LGTBI, segue a ser tabú para algunhas familias polo que é importante a súa normalización e comprensión tanto na casa como nas aulas.
Unha forma de facelo pode ser a través dos libros. Por eso hoxe, vos propoñemos varias lecturas sobre este tema.

Fixemos unha selección de libros específicos de LGTBI que explican termos ou contan historias con persoaxes diversas relacionadas coa temática que conmemoramos hoxe. Pero un libro é moito máis que un único contido… coa selección que fixemos intentamos abarcar outros aspectos ou temas que xurden a partir do concepto LGTBI como son os tipos de familias que se forman, as relacións interpersoais, ao mesmo tempo que estamos a traballar valores como a tolerancia, o respecto, a diversidade… potenciamos a visibilidade, a normalización, etc.

Contar con esta bibliografía na nosa biblioteca foi posible grazas a parte da asignación do PLAMBE, así como dos Contrato-programa.

A continuación vos ensinamos cales libros foron os que adquirimos; están esperando a ser lidos por vós en setembro…Agardo que vos gusten as propostas e tomedes nota.





viernes, 19 de junio de 2020


E neste finde de curso tan peculiar… seguimos dándoo todo.

Como última colaboración entre Biblioteca e o Equipo de Extraescolares, queremos amosarvos o traballo que fixemos para conmemorar 

o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

Adiantámonos, un pouquiño, pois o propio día é o 28 de xuño; pero antes de que deades por rematadas as clases e desconectedes deste curso tan raro, volo queríamos deixar aquí, para que disfrutarades dun conto (en LSE e pictos) e un pequeno glosario totalmente accesible, para que poidades traballar un pouquiño na vosa casa estes contidos.

Dicir, que estaba previsto facer diversas actividades que fomentasen a igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais e queer, coas que favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual; pero ao non estar todos e todas no cole, decidimos elaborar un material que esperamos vos guste.
O día 28 pasaremos por aquí para ensinarvos a bibliografía que adquirimos.



domingo, 14 de junio de 2020

14 de XUÑO: DÍA NACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA


Hoxe queremos facernos eco desta data, porque a LSE é imprescindible no noso día a día no cole.
Na biblioteca dispoñemos de varios libros sobre a temática, entre outros, temos:
              -  Diccionario da Lingua de Signos Española,
              -  A colección de Carambuco.
              -  A colección publicada pola CNLSE da Fundación CNSE.
              -  "Mis primeros signos".
              -  Etc.



A Fundación da CNSE dispón dos seguintes recursos.

En conmemoración a esta data compartimos con vós unha canción que fixo o noso centro en colaboración con parte do alumnado do CEIP María Pita, pinchade na imaxe:









jueves, 4 de junio de 2020

STOP RACISMO

A entrada de hoxe non é das que se redacten con ledicia, pero visto o que acontece na actualidade ao noso arredor, compre tratar o tema do RACISMO.

Na maioría dos coles, o noso un deles, o alumnado está acostumado a convivir con nenas e nenos de todas as procedencias e culturas, pero pode ser que xurdan dúbidas, preguntas e situacións vencelladas ao racismo ás que lles hai que dar resposta.

Por eso, a recomendación de hoxe é unha selección de contos nos que se traballa a diversidade de maneira explícita ou con protagonistas cunha orixe variada, que nos axudarán, dun xeito sinxelo e comprensible, a sinalar os estereotipos e os prexuicios. O seu obxectivo é visibilizar a diversidade racial e o racismo e facer dos nosos nenas e nenos, persoas mellores.


Gracias @undostresteach polo listado:


"El día en que descubres quién eres" deJacqueline Woodson y Rafael López.⁣
"Iliana, la niña que escuchaba al viento" de Antonia Rodenas y Carme Solé.
"Lleva un libro en la maleta" de Virginia Read Escobal y Lucía Sforza. 
"Las historias de Manuela" de Marta Osorio y Violeta Monreal.
"Ada Magnífica Científica" de Andrea Beaty David Roberts.
"El color de la piel" de Coni la Grotteria y Laura Pereda.
"¿De dónde eres" de Yamile Saied Méndez y Jaime Kim.
"Yasmin la constructora" de Saadia Faruqi y Hatem Aly. 
"El viaje de Ilombe" de Alejandra Ntutumu y Lydia Mba.
"Solo pregunta" de Sonia Sotomayor y Rafael López.
"Wangari y los árboles de la paz" de Jeanette Winter.
"Lo mismo que tú" de Karl Newson y Kate Hindley. 
"Yo, Ming" de Clotilde Bernos y Nathalie Novi.
"Bailar en las nubes" de Vanina Starkoff. 
"Hombre de color" de Jerome Ruillier.