viernes, 25 de junio de 2021

FIN DE CURSO

E como sempre por estas datas, as mestras andan nestes días tolos de reunións e rematando papeleo, por eso paso eu por aquí para despedirme…

Víase lonxe pero chegou o final deste curso tan peculiar no que pasamos por numerosas emocións, dende a incertidume, a inseguridade, pasando en ocasións polo medo; pero pola contra, tamén con ganas, ánimo e positivismo, contaxiando, SI! Pero so ilusión por facer!!!

Queremos amosarvos o que fixemos nestes meses, as mestras puxeron o seu empeño en que todo fora o máis ameno e levadeiro para o noso alumnado. Afrontaron as dificultades con soltura, gañaron en autonomía, medrou a creatividade… O noso alumnado tivo un comportamento exemplar, adaptándose ás circunstancias sempre con boa actitude.

Antes, quero mandar a miña gratitude a toda a comunidade educativa, ás mestras que buscaron alternativas ás actividades que sempre fixeran, resto de persoal do centro por implicarse, participar e apoiar, ás familias pola axuda e comprensión, e sobre todo ao alumnado, son a nosa motivación.

                                  Con este video-resumo poño broche final a este curso 2020/2021 inesquecible.

                                                                  Despedímonos ata o vindeiro curso. 

                                                                         Que desfrutedes do verán! 

                                                              Vémonos en setembro no novos folgos😉



Apertas de Charibot!!