domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


         Outro 17 de maio máis, pero este ano non é un Día das Letras Galegas calquera! 
            E para que o celebredes, diríxovos ao blog das compañeiras que forman o Equipo de Normalización da Lingua Galega do cole, unhas fenómenas que traballaron arreo para presentarvos a vida e unha mostra da obra de Ricardo Carvalho Calero, o escritor homenaxeado deste ano, cunha proposta de actividades moooooi chulas. 
Disfrutádeo porque non é para menos. Clicade aquí.





Comentádelle no blog, seguro que lles gustaría saber si vos pareceu interesante e divertido, si vos gustou ou vos encantou!

Lembrade que tedes esta obra, "As pitas baixo a chuvia" , á vosa disposición na biblioteca do cole.

Ata a próxima!!

viernes, 15 de mayo de 2020

Día da FAMILIA

Boas xentiña!!

Hoxe é o voso día: Día Internacional das familias.

       
       A familia é decisiva no noso desenvolvemento dende a infancia, supón o contexto onde se inicia a socialización e accedemos a múltiples aprendizaxes, ben o estamos a comprobar nestes momentos.

      Por eso, hoxe vos presento unha breve selección de lecturas que tratan este tema en todas as súas vertentes pero todas consideran a familia o pilar básico da educación das nenas e nenos onde se deberían transmitir valores de respeto, amor e tolerancia, independientemente da xente que forme a familia e do que cada un entenda por este concepto.

        Dicirvos que dispoñemos dalgunhas das seguintes lecturas na nosa biblioteca, outras formarán parte dela en breve, e para rematar, déixovos unha adaptación do conto “Unha chea de familias” de X.A. Neira Cruz (editorial Galaxia) feito polo CPI Atios (Valdoviño):



Agora, a desfrutar desta representación con monicreques de Unha chea de familias:






martes, 5 de mayo de 2020

O alumnado do CEE NSR le na casa!


Ola xentiña!!

E como o prometido é débeda aquí vos deixo o video que 
fixen coas fotos que me mandástedes, creo que quedou bastante chulo aínda que se animasen poucas alumnas e alumnos a participar, aos que lles dou infinitas grazas pola colaboración!, houbo quen se emocionou ao vervos... pero tamén teño que dicir que botamos en falta moitas caras bonitiñas que temos polo cole, seguro que outra vez será!



Non vos entreteño, que disfrutedes das imaxes...




Saúdos dende a A Xanela dos soños!!