Mostrando entradas con la etiqueta Concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concurso. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de febrero de 2023

Premio 8M

Non é por presumir pero... bueno, un pouco sí! por qué o imos negar!?

En xaneiro a Xunta convocou un concurso de deseño dun cartel polo día 8M... pois vimos de saber que o noso cole foi premiado grazas a un bonitísimo deseño feito polo grupo do mestre Gabriel.

Nunha semaniña iremos á capital a recoller o noso premio.

Noraboa Adriana, Álex, Marcos, Noemí e Pedro, e por suposto o noso recoñecemento a Gabriel e Conchi que puxeron todo o seu empeño.


Aquí tedes o cartel gañador:


Xunto a nós, foron premiados outros centros da nosa cidade como o Anxo da Garda e o Rafael Dieste. Pero houbo recoñecementos para máis coles da comunidade que tamén se presentaron.
Déixovos as novas:

Noticia do Ideal Galego

Noticia do Español

viernes, 4 de diciembre de 2020

Concurso: Galicia, auga, literatura e rap

Boas!

Vos acordades que aló por febreiro, dúas aulas do cole quedaran finalistas no Concurso Galicia auga, literatura e rap? Tiñan que presentar outra canción en abril, pero debido á situación, quedou  o evento aplazado a outubro e...... vimos de saber que a clase de NOELA GAÑOU!!!! Palabras textuais da organización: sodes gañadores e ben merecido que o tedes.

NORABOA!!!! Ainara, Ana, Duarte, Lucía e Santi; e a mestra que tan ben vos guiou. Aquí vos deixo o rap co que triunfaron.

RAP

E nesta semana da INCLUSIÖN xa vimos que temos varios protagonistas na música; seguindo coa cultura, vos adxuntamos uns cortos para que desfrutedes deles en familia nesta finde tan longa.