miércoles, 19 de diciembre de 2018

Bo Nadal

Que mellor momento que o Nadal para disfrutar dun bo libro!!!
Aquí os deixamos algunhas das nosas suxerencias para que o frío e a choiva se pasen mellor.
Felices festas a todos e todas!!!



 Pero ademais de lecturas con temática invernal ou do Nadal, temos outras moi especiais SOBRE...


 ...a importancia de ter bos amigos e amigas!!!...



 ...a importancia de pensar que aínda que sexamos pequenos...chegaremos onde nos propoñamos!!!, respectando sempre as nosas diferenzas e as nosas eleccións!...



...e a poder ser...sempre cun sorriso!!!



 BO NADAL!!!!




miércoles, 12 de diciembre de 2018

Día da discapacidade

Baixo o lema de "Todos capaces" desfrutamos de contos e actividades onde as persoas con disacapacidade foron os protagonistas, amosando unha vez máis que todos somos diferentes e que coas ferramentas axeitadas TODOS SOMOS CAPACES!!



3 de decembro Día da discapacidade

Día contra a violencia de Xénero

Durante a semana do 25 de novembro e para concienciar da importancia de loitar contra a violencia de xénero, ademais de escoitar cancións sobre o tema, puidemos admirar a labor realizada pola nosa compañeira Noela e o seu grupo de alumnas que elaboraron un magnífico cartel reivindicativo.


Como non, tampouco faltaron lecturas na hora le de ler para explicar aos nosos alumnos e alumnas diferentes conceptos sobre esta temática.

Día da tolerancia

O pasado 16 de novembro conmemorábase o Día da Tolerancia. Estas foron algunhas das lecturas das que disfrutamos nesa semana  para aprender un pouquiño máis a respetar as nosas diferenzas.



miércoles, 5 de diciembre de 2018

Samain

A última semana de novembro, na hora de ler, limos contos terroríficos como parte da conmemoración do Samaín e tivemos lectores e lectoras invitados!!..Os nosos alumnos e alumnas maiores!!!


Foi terrorificamente divertido!!

Benvidos

Benvidos ao noso blog.
O equipo de biblioteca desexa que sexa do voso interese e dende aqui os animamos a ler en familia como fonte de aprendizaxe e pracer!