Mostrando entradas con la etiqueta DíaDaBiblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DíaDaBiblioteca. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe tivemos a gran sorte de ter connosco a Charo Pita, xa viñera o curso pasado a facer un obradoiro polo programa de Lecturas e Familias, gustounos tanto que volvimos convidala para celebrar o día
 de hoxe.
Fixo dous pases de contacontos tirando da súa experiencia como contadora de historias, adaptándose aos intereses e gustos do noso alumnado, ao seu ritmo e incluso aprendeu o nome de cada un deles! Esta muller tennos fascinada. 
Sen dúbida non será a última vez que nos visite este curso, temos moito que aprender dela.

Moitísimas grazas, Charo, pola túa dedicación, a tua empatía e por... asinarnos o teu libro!!
Vémonos pronto!

  



E unha vez máis este peque levantouse para dicirlle á nosa convidada 
canto lle gustara a súa actuación!! Emociónanos!!



Grazas pola dedicatoria.

viernes, 1 de abril de 2022

Abril

Comeza ABRIL, e con el un mes cheo de actividades!

Temos por diante datas tan especiais para a biblio como o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) ou o Do Libro (23 de abril).

Aquí vos deixamos o que temos previsto para o alumnado e as súas familias, actividades enmarcadas dentro do Programa de Lectura e Familias grazas a Bibliotecas Escolares de Galicia.

Esperamos que teña moi boa acollida e que vos animedes a participar.



Bulide a inscribirvos que o aforo é limitado!


Charibicos!!





viernes, 22 de octubre de 2021

24/10 DÍA DAS BIBLIOTECAS

Lembrádesvos daquelas caixiñas que vos amosara Charibot por aquí? pois mirade que tiñan dentro... a espectacular colección de minilibros de KALANDRAKA. 



Charibot estívoos preparando con moito agarimo para o noso alumnado; todos e todas levarán cadanseu libriño para casa co motivo do DIA DA BIBLIOTECA.

A seguir lendo!!


Saúdos!!