viernes, 31 de marzo de 2023

Encontros PLAMBE. Fin de trimestre


Outros 3 meses que pasaron voando e como despedimos o trimestre os responsables de bibliotecas escolares?? Asistindo aos Encontros PLAMBE 22-23.
Libreta e boli para anotar ideas, inspiracións, recursos, fondos... todo o que se tercie!
Ao resto, boas vacacións, repoñede enerxías para a volta que o vindeiro trimestre será breve pero intenso.




Para os que non asistíchedes ou si pero vos quedaron gañas de outros obradoiros ou ponencias, podedes clicar aquí: Encontros PLAMBE  e ver todos os contidos.

jueves, 30 de marzo de 2023

ESTREO DA CURTA


Estase a preparar un evento no cole, teredes que agardar ata despois da Semana Santa para poder desfrutalo. So dicirvos que estamos traballando a reo entre todos e todas preparando cousiñas para sorprender e facer dese estreo un día especial para o alunado.
Esperamos conseguilo!

Adianto, aquí:





viernes, 24 de marzo de 2023

Día da poesía

Estamos moi orgullosas do resultado final deste traballo que vos amosamos na semana na que se conmemora o día da poesía e chega a primavera. 

Esta tarefa foi froito da fusión de varias actividades que levamos argallando nas últimas semanas... por unha banda, e como parte do proxecto de centro, reciclamos papel, quedamos encantadas coa experiencia e co resultado! conseguimos unhas follas ben chulas para portadas, diplomas ou, neste caso, para debuxar, a través de caligramas, unhas follas de carballo nas que tamén escribimos unha palabra galega ou un verso da nosa escritora máis prestixiosa que temos: Rosalía de Castro que tantas palabras bonitas lle dedicou á nosa terra e á nosa natureza.

Como vedes, o moucho decidiu baixar "daquel penedo" para apoiarse neste carballo tan acolledor.






miércoles, 22 de marzo de 2023

Escola de nais e pais

Compartir experiencias é moi enriquecedor, por eso a escola de nais e pais é o lugar perfecto para que esto aconteza entre as familias do noso centro. 

Nesta ocasión, a proposta do encontro é poñer en práctica estratexias nas vosas rutinas diarias para axudar á rapazada a avanzar na súa linguaxe.

Anímovos a achegarvos ao cole a tarde do vindeiro luns e que participedes para aprender todos de todos.






viernes, 10 de marzo de 2023

Semana da Prensa

Que mellor xeito de conmemorar a semana da prensa con novas, novas cheas de orgullo.

Dende a fin de semana, co motivo da entrega dos premios aos carteis polo 8M o pasado venres, concurso convocado pola Xunta, a prensa fíxose eco desta nova e foron varios os medios que a publicaron:




miércoles, 8 de marzo de 2023

8M

Coma todos os anos por esta data, preparamos o expositor con novas publicacións relacionadas coas MULLERES

Tamén temos o noso recuncho feminista na biblio, un tema que non merece menos espazo e dedicación permanente...




E unhas actividades que fixemos para conmemorar este día foron:

Completar esta siluetas de muller con diferentes palabras e mensaxes...



Aproveitar e facer puzzles a partir do cartel gañador:



E os maiores do cole amosaron as súas habilidades interpretativas escenificando diferentes situacións que, lamentablemente, aínda se ven na nosa sociedade...