viernes, 21 de abril de 2023

Concurso: Cantamos coas mans

A FAXPG ven de publicar os centros participantes no VI concurso "Cantamos coas mans", nós somos un deles, o único colexio de educación especial público que se presentou.

Un dos premios é otorgado polo público a través dos seus votos polo que vos instamos a que nos votedes, é ben fácil, somos a primeira opción.

Déixovos por aquí onde acceder: Votar a CEE NS do Rosario

Tedes ata o día 27 de abril ás 12.00h, compartide o enlace, cantos máis, mellor!


G R A C I Ñ A S

jueves, 20 de abril de 2023

E chegan máis fondos, esta vez van ao noso recuncho co resto de lecturas fáciles, considerámolas fáciles polo seu xeito de seren escritas ou ben porque empregan apoios visuais, pictos, signos, etc. que axudan á comprensión lectora, á expresion oral, mellora a atención e motiva.

Neste caso, estamos a falar da colección de Os Bolechas que empregan pictogramas de lectura fácil para representar palabras ou ideas. Son 18 libros que tratan temas da vida cotiá como a hixiene, os animais, a rúa, os os oficios, a roupa, etc.



viernes, 14 de abril de 2023

Algaman vs Contaminadores

 

"Encántame que os plans saian ben" 
e eso se consigue cun bo equipo, 
que equipo? 
o EQUIPAZO o que hai no CEE NS do Rosario.


Chegou o día do gran estreo!!!

Como vos adiantara foi un traballo conxunto...

Todo comezou cando, como vai sendo habitual, Omar Rabuñal decidiuse a facer o obradoiro de gravación co noso alunado de FP co proxecto de centro como trama da curta.

Toca un pouco de teoría e tamén pensar que queremos contar e como darlle forma, repartimos os papeis aínda que non é relevante porque todos participamos, ben actuando ou ben formando parte do equipo técnico, vestiario, atrezzo...

Mentres Omar monta a curta, o alunado deseña as invitacións e a cartelería publicitaria, porque esta vez queremos compartir o que facemos no cole e proxectala fora para o que se reserva un gran salón de actos, a ocasión ben o merece. O alunado invita un por un a cada compañeiro e compañeira do centro, así como ás mestras, ATES e resto de persoal non docente, ninguén pode faltar!

Créase un photocall, uns detalliños... dúas mestras preparan ao seu alunado, en tempo record, para conducir o evento nos roles de presentadores, acomodadores, fotógrafo, azafatos, etc. A pesar da premura, dos nervios, da expectación... foi un éxito, todas e todos desfrutaron da curta, dos regaliños e dalgunha outra sorpresiña máis.

Graciñas a todos os asistentes, a colaboración do persoal do cole, ás familias que se achegaron, foi moi significativo para nós e sobretodo, para o alunado.


E xa non me lío máis, imos ao que vos interesa, ás imaxes, clicade no enlace final para ver a CURTA!!

"Algaman vs Contaminadores"