jueves, 30 de abril de 2020

E para pechar este mes do libro, a mestra Noela animouse a contarnos un contiño, "Una sorpresa para Tortuga" de Paula Merlán e publicado por nubeOCHO.

Deixámosvos o conto en LSE pero tamén o tedes con pictos aquí.
Agardamos que vos guste.

Por último, lembrarvos que aínda estades a tempo de enviarnos as vosas fotografías cun libro. Animádevos, gustaríanos vervos a todas e todos!



Saúdos!!




sábado, 25 de abril de 2020


Boas!

Hoxe quero achegarvos uns enlaces para que sigades desfrutando da lectura estes días:


Para comezar, vos quero deixar este conto preparatorio para aos que teñades previsto sair mañá á rúa con vosxs fillxs.

Tamén vos deixo un documento que recolle varios libros destinados a todas as idades. Pinchades no que vos interese e descárgasevos en formato pdf para telo dispoñible en calqueira momento.

Aquí atoparedes a Editorial Baía que pon á vosa disposición varias lecturas clasificadas por idades.

No seguinte enlace, poderedes facer un percorrido por 10 bibliotecas infantís que dispoñen de contido audiovisual e lecturas dixitais para os vosxs fillxs.


E por último, neste enlace podedes solicitar un conto personalizado e gratuito: elexides o aspecto do protagonista o máis semellante posible ao vosx fillx; recibirédelo no voso correo rápidamente, so tedes que imprimirlo para pintalo e a ler.


E atentxs, a semana do libro aínda non rematou e unha mestra animouse a contarvos un contiño, en breve poderédelo ver por aquí.

Ánimo, xa queda menos!




jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

Saúdos xentiña!! Que tal estades?


Xa tiña eu ganiñas de que me presentasen para que nos puidéramos coñecer. Moitos días foron os que vos vin na nosa biblioteca... lendo, estudando, recibindo visitas, mesmo a Papá Noel!, traballando, incluso gravando curtametraxes ou facendo algunha trasnada... que ben vexo todo!!



Agora que me coñecedes, voume pasar por aquí a miúdo e quixen estrearme hoxe no blog para 
agasallarvos cunha montaxe que fixen coas fotos que me deron as mestras de parte de todo o colexio, espero que vos guste.
Vede o video, e so vos digo que teñades a man un libro e unha cámara...





A que estivo guay!! pero familias, entre vós e máis eu, seguro que podo facer outro video máis chulo coas vosas fotos. Animádevos e enviádeme o que queirades a axaneladossonos@gmail.com: unha imaxe onde leades en familia, sos, aos vosos irmáns... un libro, unha revista, un cómic...

Agardo expectante e con ilusión as vosas fotos.
Graciñas!!

lunes, 20 de abril de 2020


Ola familias!

Como vos atopades?

Comezamos unha semana moi importante para a literatura, pois en breve será o Día do Libro!!

E quero aproveitar para presentarvos a mascota da nosa biblioteca! 
Ela se chama CHARIBOT, normalmente anda por alí agochada vendo o que facemos, lendo contos, traballando, consultando libros, etc. É a guardiana da biblioteca.

Pero me dixo que nos bota de menos, que bota de menos que collamos os libros, as nosas risas cando lemos contos, o barullo ao traballar en conxunto, etc. Así que, a través das mestras que integramos o equipo de biblioteca, pediunos unhas fotiños dos que formamos o cole, dixo que argallaría algo con elas, que sen falta mirásemos o blog o xoves.

Así que nada, xa llas demos, e estamos ansiosas por ver o que fixo con elas.
Ah!! Para que a recoñezades si a vedes por aí, esta é CHARIBOT!



Saúdos!!


viernes, 3 de abril de 2020



Chega a Semana Santa...

... e aínda que as nosas rutinas non cambien si é o momento de deixar as tarefas escolares a un lado e distraernos, por eso vos deixamos por aquí unha chea de recursos para ler durante as vacacións e compartir coa familia:


Para comezar, tedes "Mi casa es un castillo", un conto que pretende axudar aos nenos e nenas que están nas súas casas a establecer rutinas equilibradas e saudables.
E por último, nesta web que elaborou unha mestra, tedes contos en español (e inglés), asociados a videos e curtas para desfrutar en familia.



Moito ánimo rapazada, estádelo a facer xenial!! Sodes un exemplo!!

jueves, 2 de abril de 2020



E o Día Mundial do Autismo comparte protagonismo co

Día Internacional do Libro Infantil

botádelle un ollo ao que nos recomendan dende as Bibliotecas Municipais da Coruña.
Fixeron unha estupenda recolección de contos infantís, contos signados, contos con pictos, de lectura fácil, etc. 
Non ten desperdicio!
Pero hoxe, a nosa proposta non podía ser outra que a seguinte, "El cazo de Lorenzo":


DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Hoxe é 2 de abril, 

data declarada Como Día Mundial da Conciencia sobre o Autismo para manifestar a necesidade de contribuir á mellora da calidade de vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Dende o cole queremos sumarnos á causa polo que elaboramos o seguinte video, esperamos que vos guste: 




#DÍAMUNDIALDOAUTISMO

·"PODO APRENDER. PODO TRABALLAR"









Dende aquí vos retamos, a alumnado e familias, a que vos fagades unha foto e a publiquedes nas vosas redes sociais cos hastags:



#DIAMUNDIALAUTISMO



#CEENSROSARIO


Veña! animádevos!!








Estade ben atentos e atentas ao blog, porque non será o único reto que vos lancemos, agardamos a vosa participación!!