jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

Saúdos xentiña!! Que tal estades?


Xa tiña eu ganiñas de que me presentasen para que nos puidéramos coñecer. Moitos días foron os que vos vin na nosa biblioteca... lendo, estudando, recibindo visitas, mesmo a Papá Noel!, traballando, incluso gravando curtametraxes ou facendo algunha trasnada... que ben vexo todo!!



Agora que me coñecedes, voume pasar por aquí a miúdo e quixen estrearme hoxe no blog para 
agasallarvos cunha montaxe que fixen coas fotos que me deron as mestras de parte de todo o colexio, espero que vos guste.
Vede o video, e so vos digo que teñades a man un libro e unha cámara...





A que estivo guay!! pero familias, entre vós e máis eu, seguro que podo facer outro video máis chulo coas vosas fotos. Animádevos e enviádeme o que queirades a axaneladossonos@gmail.com: unha imaxe onde leades en familia, sos, aos vosos irmáns... un libro, unha revista, un cómic...

Agardo expectante e con ilusión as vosas fotos.
Graciñas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario