viernes, 28 de octubre de 2022

Recomendacións de lecturas sobre o MAR:

 Xa vos amosamos por aquí os libros sobre ecoloxía, medioambiente, coidado do planeta... que adquirimos para poñer en marcha o noso PDI.

Hoxe déixovos unhas recomendacións sobre o auga, mar, océano… Bibliografía que nos axudará a aprender máis sobre o elemento da natureza que nos ocupa este primeiro trimestre.


Para os máis peques do cole temos uns libros de información, moi vistosos e atractivos cos que facer un primeiro achegamento aos coñecementos sobre os océanos:




Para os máis maiores...


...e para os expertos lectores do cole:




Ademais, temos moitos contiños relacionados co mar, con protagonistas mariños, cheos de aventuras, aprendizaxes e valores que podemos traballar como son:





miércoles, 26 de octubre de 2022

Presentación de ALGAMAN

Unha vez feitas as votacións, nomeamos deseño gañador o do Grupo 7 do cole: con vós, ALGAMAN. 

Estará presente connosco este trimestre:




martes, 25 de octubre de 2022

Socias da biblioteca

Hoxe paso por aquí para informarvos de que o noso cole é socio da biblioteca da Xunta: González Garcés. Que sorte ter unha biblio pública tan completa preto do cole!, coa posibilidade de achegarnos en calqueira momento e desfrutar do tempo de lecer entre libros e ademais coa oportunidade de levar prestados libros para ler no cole. Que bo recurso!!

Anímovos a visitar as biblios da vosa contorna, a facervos socios e socias porque soen ofertar numerosas actividades das que poden gozar os vosos fillos e fillas (contacontos, teatros, obradoiros, etc).


lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe tivemos a gran sorte de ter connosco a Charo Pita, xa viñera o curso pasado a facer un obradoiro polo programa de Lecturas e Familias, gustounos tanto que volvimos convidala para celebrar o día
 de hoxe.
Fixo dous pases de contacontos tirando da súa experiencia como contadora de historias, adaptándose aos intereses e gustos do noso alumnado, ao seu ritmo e incluso aprendeu o nome de cada un deles! Esta muller tennos fascinada. 
Sen dúbida non será a última vez que nos visite este curso, temos moito que aprender dela.

Moitísimas grazas, Charo, pola túa dedicación, a tua empatía e por... asinarnos o teu libro!!
Vémonos pronto!

  



E unha vez máis este peque levantouse para dicirlle á nosa convidada 
canto lle gustara a súa actuación!! Emociónanos!!



Grazas pola dedicatoria.

sábado, 22 de octubre de 2022

SAMAíN

E así, expostos, preséntovos a nova adquisición para a biblio, tiña ganas de renovar os libros do SAMAÍN, que serán usados nos vindeiros días.

Espero que lles gusten. 









viernes, 21 de octubre de 2022

Plans improvisados



Pois si, improvisadamente hoxe xurdiu a oportunidade de escoitar a unha futura promesa da música clásica: 
Santiago Rey García
Estuda no conservatorio e toca o violenchelo. 

Tocounos varias pezas de Bach así como a obra doutros compositores que nos deixou ensimismados e atrapadas porque "onde as palabras fallan, a música fala" e este foi o exemplo hoxe no noso cole. E para mostra, un botón: aquí temos un dos peques expresando o que lle gustou a través do comunicador! so por este xesto, pagou a pena!


A música enriquece e estimula e o noso alumnado estivo atento e concentrado, observando ao profesional, apreciando a súa música con respecto e aplaudindo con ansia cada peza.

Ao remate do pase deste talentoso chelista, e como no cole hai mestras e mestres con destrezas e boas habilidades, que tanto montan mobles, como fan nós mariñeiros, controlan de circuitos eléctricos ou tocan un instrumento... pois como de música iba o tema, o mestre Gabriel deleitounos coa súa guitarra tocando temas de pop español que acompañamos os demais con cancións, bailes e palmas.

Así que hoxe tivemos unha sesión de música do máis entretida...



E si todo saiu así de ben sin telo organizado, que nos esperará o luns na biblioteca polo seu día?? Pasade por aquí que volo contarei.


Charibicos!

viernes, 14 de octubre de 2022

ALGAMAN!

Estas son algunhas das propostas de como é o superheroe que nos vai axudar a coidar o mar.
Que alumnado tan creativo!





viernes, 7 de octubre de 2022

Comezamos co proxecto!

Boas familias e demais comunidade educativa!

Esta semana visitei ao alumnado para amosarlles o video de presentación do proxecto. Aproveitei para pedirlles axuda pois precisaba atopar todas as pezas dun puzzle cos elementos da natureza.

Conseguímolo! Non tiña dúbida de que contaba cos mellores. 

A través dunhas probiñas:

 

Conseguimos completar o puzzle!!!

 

Os meus parabens aos mellores axuadantes para coidar o planeta.  Pero esto non queda aquí: estade atentos e atentas a este video.

jueves, 6 de octubre de 2022

Saen as primeiras mochilas do curso 22/23!

 Listas!! Así de contentos quedaron Leo e Lía trala preparación das mochilas:


Agora as mochilas agardan a seren recollidas polo alumnado voluntario que será quen as reparta polas aulas porque o certo é que os peques axudantes están moooi cansos...


Meus pobres, así quedaron Lía e Leo despois de seleccionar o material para as mochilas, tomar nota, forrar libros, preparar os caderniños, etc.


Lembrade que hai que devolver as mochilas o xoves, para telas a punto para o venres e que outro alumnado as leve. 
Graciñas









martes, 4 de octubre de 2022

Mochilas viaxeiras

 A quen temos por aquí?? Pillámolos en plena faena!



Todo é máis doado con axuda, e hoxe pasaron pola Xanela dos Sos os meus axudantes, Leo e Lía, colaboraron montando as mochilas viaxeiras que sairán esta semana cara a algunhas das vosas casas.

En cada mochila vai unha película e un xogo para desfrutar en familia, e, por suposto, un libro! 

Agardamos que vos guste e non dubidedes en deixar os vosos comentarios no caderniño que vai dentro da mochila, xunto coas normas, todas as suxerencias serán ben recibidas e tidas en conta para mellorar.


Charibot