lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

Co motivo do Día escolar da Non Violencia e da Paz seleccionamos varios libros relacionados coa temática e nestes días o alumnado fixo algún debuxo, escribiu unha mensaxe ou palabra de paz para colgar hoxe nesta árbore decorada con agarimo e cores tan bonitiños.


Tamén compartimos unha actividade co alumnado do CEIP María Pita.

martes, 24 de enero de 2023

Ano novo, coñecementos novos!!

Algaman agradeceunos o traballo do primeiro trimestre colaborando no coidado do mar, podedes velo aquí.

Pero non está todo o traballo feito, ogallá!!

Imos coñecer outro elemento da natureza que precisa da noxa axuda: a TERRA.

Pero nesta ocasión Algaman pasa a testemuña e estará con nós un insecto que coñece á perfección a terra.

Algaman presenta a.......


SUPERFORMIGA pasou polas aulas captando membros que formaran parte do seu equipo, fixoo animadamente, cantando e repartindo pegatinas.
Ser do seu equipo implica perseguir un obxectivo final: o coidado do planeta, e como? a través da Reciclaxe, Reutilización e Reducción.
Polo pronto deulle unhas sementes a cada alumno e alumna, a ver que tal se lles da no horto...

Ireivos contando cousiñas por aquí!