martes, 2 de abril de 2024

Literatura

 Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Estades invitados e invitadas a pasar pola biblio do cole e botarlle un ollo aos nosos libros e contos que temos para as vosas crianzas.
Estamos a preparar un obradoiro para que poidades vir e desfrutar con eles dunhas lecturas compartidas.

Xa vos iremos contando.


domingo, 11 de febrero de 2024

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Hoxe se conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. No cole fixemos unha selección de libros relacionados con esta efeméride. Tamén, estar embarcadas en Polos Creativos e levar a cabo experimentos semanais, permítenos profundizar no eido científico e aprender moito sobre as aportacións das mulleres neste campo.


Nesta ligazón tedes información e actividades para a visibilización do traballo das mulleres na Ciencia.

viernes, 2 de febrero de 2024

Ven o Entroido

A semana que ven festexamos o Entroido no cole, por eso recopilamos por aquí os mandadiños do Meco.

Tomade nota: o vindeiro venres día 9 faremos un pasarrúas despois do recreo. Xa vos concretaremos.

miércoles, 20 de diciembre de 2023

NADAL

Vai acabando o ano, con el o primeiro trimestre e se achegan as festas de Nadal... no cole temos previstas varias actividades para festexalo, pero tivemos unha visita sorpresa deste Apalpador tan especial que nos agasallou Livraría Suevia, sempre tan atenta. Ademais, nos trouxo esta recomendación, anímovos a lelo:


Que desfrutedes das festas de Nadal, descansade e que teñades boa entrada no Aninovo!


Charibicos!

viernes, 27 de octubre de 2023

Medalla de ouro Galiciaskills23

E hoxe pasamos por aquí para amosar os resultados e... toca presumir: as nosas alumnas, Lucía P. e Lucía T. quedaron campionas na súa modalidade, acadando a medalla de ouro!!



Os nosos parabéns polo seu traballo, aos seus profes pola dedicación e ao resto o equipo de FP polos ánimos e apoio, o cole enteiro está orgullosísimo de vós.

Seguro que é unha experiencia que non esqueceredes, e o primeiro de moitos éxitos.

Aquí tedes as súas caras de satisfacción:


Pasade pola web do cole para ver o traballo as nosas alumnas, das gañadoras: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceenosasenhorarosario/?q=node/854


lunes, 23 de octubre de 2023

Galiciakills2023

Galiciaskills 2023. 7º Campionato Galego de Formación Profesional

Tiñamos unha sorpresa agochada:

<<A finais do curso pasado incribímonos no Galiciaskills>>

Se trata dun campionato eminentemente práctico, que consiste no desenvolvemento de competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional.

Este mércores, no recinto Feira Internacional Abanca de Silleda, dúas das nosas alumnas representarán ao cole no campionato, desenvolvendo as súas habilidades na especialidade Peiteado.

Levan tempo practicando e non dubidamos dos bos resultados porque están a poñer todo seu empeño, coñecementos e, sobre todo, ilusión.


Desexámosvos boa sorte!! Só os vosos profes e compañeiros de nivel vos acompañan fisicamente pero dende o cole estaremos con vós.


Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fp/galiciaskills-2023

GaliciaSkills23

Magosto e Samaín

 Como nos gusta festexar! 

Atentos e atentas ás seguintes celebracións: