viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Boas a todas e todos, en especial ás familias do CEE Nosa Señora do Rosario, pois esta entrada diríxovola a vós:

Hai uns días poñíavos en aviso de que estabamos argallando algo, hoxe paso por aquí para lanzarvos un RETO e teño a convicción de que, coma o ano pasado, a vosa colaboración será masiva. A ver que aula fai pleno de participación!?

Polo DÍA DO LIBRO veño a propoñervos unha actividade moi chula!!

Elexide o voso conto ou libro favorito e intentade representar a súa portada, con foto, cunha manualidade, con obxectos... calquera libro vale e calquera técnica é boa! Coidado que engancha que algunha profe fixo máis de 1 e de 2!

Déixovos as portadas que recreou a xente do cole para que vos fagades unha idea (podedes inspirarvos mirando #bookface en internet). Todas distintas pero moi chulas, elaboradas con esforzo, traballo, creatividade, e sobretodo, ilusión!




Por favor, enviádeme as vosas portadas antes do 5 de maio ao meu enderezo: axaneladossonos@gmail.com.

Agárdoas con ansia!!

Apertas de Charibot!


miércoles, 14 de abril de 2021

RETO

Xogamos?

Atopades diferencias entre unha portada e outra?

Non é o "xogo dos 7 erros"... so volo quería amosar para que vexades que o Equipo de biblio tivo unha arroutada e déuselle por imitar a portada deste libro que, a pesar do seu título, ao lelo é totalmente o oposto. 

Recomendámolo moito e todos os do seu autor -Shinsuke Yoshitake- dos que dispoñemos algún na nosa biblioteca...




Aos nosos lectores (alumnado, familias, mestras, ATEs...), en resumo a todos aqueles que formades parte da nosa comunidade educativa... ide pensando nalgún outro libro para representar a súa portada, nuns días lanzareivos un reto!!


Saúdos!