jueves, 10 de diciembre de 2020

Día dos Dereitos Humanos


Ás veces, facer chegar certos contidos ao alumnado resulta complicado, e se non temos os recursos necesarios e adaptados, moito máis. Sabedoras da necesidade de ter información accesible, boa parte do claustro está inmerso nunha formación de Lectura Fácil, así que eleximos para o día de hoxe unha Declaración Universal dos DDHH adaptada a LF.

Indagaremos máis neste mundo e enriqueceremos a nosa biblioteca lecturas accesibles para o noso alumnado.



Podedes lela aquí,



viernes, 4 de diciembre de 2020

Concurso: Galicia, auga, literatura e rap

Boas!

Vos acordades que aló por febreiro, dúas aulas do cole quedaran finalistas no Concurso Galicia auga, literatura e rap? Tiñan que presentar outra canción en abril, pero debido á situación, quedou  o evento aplazado a outubro e...... vimos de saber que a clase de NOELA GAÑOU!!!! Palabras textuais da organización: sodes gañadores e ben merecido que o tedes.

NORABOA!!!! Ainara, Ana, Duarte, Lucía e Santi; e a mestra que tan ben vos guiou. Aquí vos deixo o rap co que triunfaron.

RAP

E nesta semana da INCLUSIÖN xa vimos que temos varios protagonistas na música; seguindo coa cultura, vos adxuntamos uns cortos para que desfrutedes deles en familia nesta finde tan longa.


jueves, 3 de diciembre de 2020


E... como temos o cole cheo de xente talentosa, non vos perdades ao noso DJ FRAN HACHECALADASe tedes algún tipo de evento e queredes que volo amenice con boa música, non o dubidedes, contactade con el, nós temos o privilexio de telo no colexio e desfrutar do seu talento.

Clicade aquí para ver a súa entrevista:  Facemos Festigual: Asociación Cultural Negus

Bravo por Fran!!!!


3 de DECEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE


E falando de capacidades, convoquei ao alumnado a que me enviasen una foto ou video onde representasen o seu talento ou "habilidade para". 

Moitísimas grazas pola vosa participación, a continuación vos amosamos a montaxe que fixo o equipo de TICs, esperamos que vos guste!

Día da disCAPACIDADE (NSRosario)


Aquí vos deixo unha recopilación de recursos para conmemorar esta data: Un aula para sentir