sábado, 30 de enero de 2021

Día da Ilustración

 Hoxe é un día relevante por varios motivos e queremos destacar dous deles:

- É a data de nacemento de Castelao, emblemático escritor galego considerado un dos principais creadores da prosa galega moderna.
e
- O a da Ilustración no que se reivindica o papel das ilustradoras e ilustradores. E os que co visitáchedes a nosa biblioteca seguro que recoñecedes a autoría do seguinte cartel en homenaxe á ilustradora este ano: Lolita Díaz Baliño "... unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época." Na páxina de Bibliotecas Escolares tedes máis información.

Fixádevos no cartel:

Efectivamente!!! Manel Cráneo, deseñou este cartel e foi quen debuxou as láminas que temos na nosa biblioteca. Estades convidad@s a velas de novo!

martes, 26 de enero de 2021

jueves, 21 de enero de 2021

Día das apertas

Que son??

- Apórtannos seguridade e confianza.
- Provócanos pracer: sensación de calma, tranquilidade e sosiego.
- Cubren as nosas necesidades afectivas: precisamos 14 abrazos diarios!
- Permiten funcionar de mellor maneira: céntrannos e mantennos felices e funcionais.
- Son a mellor cura contra a timidez: favorecen a espontaneidade e abrirse.
- Diminúen a presión arterial e producen relaxación.
 
Mi madriña!! Que cantidade de beneficios nos aportan as… APERTAS!!! E canto tempo levamos sen poder recibilas de moita xente que nos gustaría…. Pero podemos dicírllelo!! As verbas tamén abrazan se son de agarimo. Que non nos quiten eso!
Ata que poidamos retomar esta costume tan sa, podemos ler contiños como os que temos na nosa biblio:



viernes, 15 de enero de 2021

Enriquecendo a biblioteca

Hoxe paso por aquí para amosarvos as novas adquisicións:


e ter "La montaña de libros más alta del mundo" na Xanela dos soños


por aquí unha pista do que se vai traballar nalgunhas aulas: "O espacio"


a ver se estes exemplares de banda deseñada atrapan ao noso alumnado,


e para os máis peques do cole, para espertar os sentidos... seguro que lles encanta!


tamén recibimos estes libros en Lectura Fácil, como vos dixemos, é importantísimo ter recursos adaptados, imos empezar con estes.


Por aquí uns imprescindibles para completar coleccións,


e por último, máis contiños que entreteñen e sobre todo, inculcan valores!!!

E esto non é todo, estamos á espera de máis, pouco a pouco volo ensinarei.




viernes, 8 de enero de 2021

PROXECTO 2020/2021:

DEDICAMOS O PRIMEIRO TRIMESTRE A REMATAR ACTIVIDADES E PROXECTOS DO CURSO PASADO. 

E TRAS A SÚA PLANIFICACIÓN AQUÍ ESTÁ O PROXECTO DESTE CURSO: