lunes, 20 de abril de 2020


Ola familias!

Como vos atopades?

Comezamos unha semana moi importante para a literatura, pois en breve será o Día do Libro!!

E quero aproveitar para presentarvos a mascota da nosa biblioteca! 
Ela se chama CHARIBOT, normalmente anda por alí agochada vendo o que facemos, lendo contos, traballando, consultando libros, etc. É a guardiana da biblioteca.

Pero me dixo que nos bota de menos, que bota de menos que collamos os libros, as nosas risas cando lemos contos, o barullo ao traballar en conxunto, etc. Así que, a través das mestras que integramos o equipo de biblioteca, pediunos unhas fotiños dos que formamos o cole, dixo que argallaría algo con elas, que sen falta mirásemos o blog o xoves.

Así que nada, xa llas demos, e estamos ansiosas por ver o que fixo con elas.
Ah!! Para que a recoñezades si a vedes por aí, esta é CHARIBOT!



Saúdos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario