martes, 30 de junio de 2020

Pechado por vacacións


30 de xuño de 2020

podemos dar por rematado oficialmente o curso 2019/2020.

Hoxe, tocoume a min escribir esta entrada, pois as mestras están no último claustro; así que en nome das miñas compañeiras do equipo de biblioteca e no meu propio, paso por aquí para despedirme ata o vindeiro curso.

Sen dúbida este será inesquecible!

Ao longo destes meses, e máis nas últimas semanas, toda a comunidade educativa estivo implicada nas actividades que se propuxeron dende a biblioteca… cando teñades morriña botádelle un ollo ao blog para lembrar o que se traballou.
Tamén vos animo a que disfrutedes do verán, que recurrades á lectura nos vosos momentos de ocio e que aproveitedes os recursos que se foron colgando estes últimos meses, moitas plataformas continúan abertas para que poidamos beneficiarnos de numerosos libros e contos; tamén publicamos os lotes de libros que se foron incorporando á biblio, as novidades e os recunchos temáticos... son lecturas recomendables para o verán.
Vos facemos unha petición... Encantaríanos que fixerades comentarios no blog dicindo o que queirades, facendo suxerencias… sírvennos de aliciente para idear actividades novas e ter o blog actualizado; gústanos saber que ao outro lado hai xente que lle interesa o que facemos, mellor dito, o que fan @s seus fill@s, así que animádevos a comentar!


@s mestr@s do CEE Nosa Señora do Rosario deséxavos que disfrutedes do verán!! 
Con sentidiño, porque cabeza ten calquera.



No hay comentarios:

Publicar un comentario