jueves, 13 de febrero de 2020

1º Trimestre


Tivemos o blog parado, atendendo outras actividades pero enseguida vos poñemos ao día e prometemos tervos informados con actualidade:

En outubro desfrutamos de 5 sesións de Lecturas no Canmiño: esta iniciativa está integrada no programa Biblioteca Inclusiva, e está destinada a favorecer experiencias de lectura apoiada con cans. Para o seu desenvolvemento acompañáronnos Marta Jaquet –psicoterapueta- e o seu can Brus.
Tedes máis información aquí: Lecturas no Canmiño


Imaxe obtida de aquí.

Foi unha experiencia incrible que o alumnado non esquecerá. 

Ademais, as mestras participamos nunha formación de Radio na biblio, preparamos e gravamos un programa; e asistimos ás Xornadas de Bibliotecas Inclusivastomando nota das propostas e aprendendo doutros centros.



  • Tamén celebramos varias conmemoracións:


-      Día das Bibliotecas contando un conto estupendo e moi axeitado á nosa situación pois reflexa o que estamos a facer, pouco a pouco e entre todas, creando a nosa nova biblioteca.




  Samaín: o alumnado pasouno en grande vendo a interpretación que fixeron as mestras do conto Camuñas, esta foi a nosa selección para o expositor:





-      Día internacional contra a violencia, temos varios libros que tratan esta temática. Elaboramos unha gran pancarta amosando o noso rexeitamento á violencia.



   





-      Día da Discapacidade: esta foi a nosa selección e o noso lema: “Ti dis: capacidade”.





E así, case sen darnos conta, rematou o primeiro trimestre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario