jueves, 13 de febrero de 2020

Retomamos


Voltamos do Nadal cheas de boas intencións, o noso próximo obxectivo é o Día da Paz.

Con motivo desta data, durante esa semana no centro as lecturas do proxecto lector versaron sobre a temática, contos e libros sobre valores, amizade, non violencia, etc., como “El viaje”, “Wangari y los árboles de la Paz, etc. Tamén vimos biografías relevantes como a de Gandhi ou Rosa Parks e algunha curtametraxe.

Por outro lado lado, tamén organizamos dous actos: un proposto polo CEIP Raquel Camacho (Coruña) a través da súa biblioteca para facer entre todos os centros educativos da cidade unha cadea humana ao longo do paseo marítimo, esta foi a nosa pancarta, mirade que chula nos quedou!:



Con ela fomos ao paseo se leu o seguinte manifesto:

Hoxe, celebramos o Día da Paz; nenos e nenas, mestres, mestras, familias, saímos dun mesmo lugar, as nosas escolas, porque como dixo Malala Yousafzai: “Un neno, unha mestra, un libro, un lapis poden cambiar o mundo”.
Nós tamén cremos que non hai mellor menciña contra as guerras, a fame, a desigualdade e a intolerancia que a educación.
Unimos as nosas mans desde o Milenium, erixido para conmemorar o século XXI, un século que queremos sexa de Paz en todo o mundo e, con elas,  fixemos unha onda que quere ser océano de ilusión, dun soño posible para todas as persoas de calquera cultura, crenza ou ideas baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade.
Das nosas mestras e mestres esperamos que sementen en nós coñecementos que provoquen preguntas, que nos axuden a formarnos no respecto á diversidade. Dos libros esperamos, que abran portas á reflexión para, con ese lapis, escribir unha historia nova que, como este faro ilumine sendeiros de paz.
O artigo décimo da Declaración dos Dereitos da Infancia di:
O dereito para ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.
Velaí o camiño cara a Paz.
Moitas grazas as vosas mans cómplices, fortes e decididas que deixamos hoxe como a nosa persoal pegada dun mundo posible, no que tezamos unha rede de afecto e respecto feita cos fíos da paz e a igualdade.


Por outro lado, xunto co CEIP María Pita fixemos no patio o símbolo da Paz:


No hay comentarios:

Publicar un comentario