Con motivo de que hoxe se conmemora o Día mundial da Radio, aproveitamos para amosarvos a primeira toma de contacto do noso alumnado con
este medio. Desfrutaron moito!
jueves, 13 de febrero de 2020
Xornadas Violeta
Esta semana, o
claustro participou nas III Xornadas Violeta que organizou o CEIP María Pita, a convidada foi Monste Vilar Figueirido,
cofundadora da Librería de Mulleres Lila de Lilith e divulgadora de libros
coeducativos. Tomamos nota dos fondos bibliográficos que nos recomendou para
enriquecer a nosa biblioteca.
Retomamos
Voltamos do
Nadal cheas de boas intencións, o noso próximo obxectivo é o Día da Paz.
Con motivo desta data, durante esa semana no centro as lecturas do
proxecto lector versaron sobre a temática, contos e libros sobre valores,
amizade, non violencia, etc., como “El viaje”, “Wangari y los árboles de la
Paz, etc. Tamén vimos biografías relevantes como a de Gandhi ou Rosa Parks e
algunha curtametraxe.
Por outro lado
lado, tamén organizamos dous actos: un proposto polo CEIP Raquel Camacho (Coruña) a través da súa biblioteca para facer entre todos os centros
educativos da cidade unha cadea humana ao longo do paseo marítimo, esta foi a
nosa pancarta, mirade que chula nos quedou!:
Con ela fomos ao paseo se leu o seguinte manifesto:
Hoxe, celebramos o Día da Paz; nenos e nenas, mestres, mestras, familias, saímos dun mesmo lugar, as nosas escolas, porque como dixo Malala Yousafzai: “Un neno, unha mestra, un libro, un lapis poden cambiar o mundo”.
Nós tamén cremos que non hai mellor menciña contra as guerras, a fame, a desigualdade e a intolerancia que a educación.
Unimos as nosas mans desde o Milenium, erixido para conmemorar o século XXI, un século que queremos sexa de Paz en todo o mundo e, con elas, fixemos unha onda que quere ser océano de ilusión, dun soño posible para todas as persoas de calquera cultura, crenza ou ideas baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade.
Das nosas mestras e mestres esperamos que sementen en nós coñecementos que provoquen preguntas, que nos axuden a formarnos no respecto á diversidade. Dos libros esperamos, que abran portas á reflexión para, con ese lapis, escribir unha historia nova que, como este faro ilumine sendeiros de paz.
O artigo décimo da Declaración dos Dereitos da Infancia di:
O dereito para ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.
Velaí o camiño cara a Paz.
Moitas grazas as vosas mans cómplices, fortes e decididas que deixamos hoxe como a nosa persoal pegada dun mundo posible, no que tezamos unha rede de afecto e respecto feita cos fíos da paz e a igualdade.
1º Trimestre
Tivemos o blog parado, atendendo outras
actividades pero enseguida vos poñemos ao día e prometemos tervos informados
con actualidade:
En outubro desfrutamos de 5 sesións de Lecturas no Canmiño: esta iniciativa
está integrada no programa Biblioteca
Inclusiva, e está destinada a favorecer
experiencias de lectura apoiada con cans. Para o seu desenvolvemento
acompañáronnos Marta Jaquet –psicoterapueta- e o seu can Brus.
Tedes máis información aquí: Lecturas no Canmiño
Imaxe obtida de aquí.
Foi unha experiencia
incrible que o alumnado non esquecerá.
- Tamén celebramos varias conmemoracións:
- Día das Bibliotecas contando un
conto estupendo e moi axeitado á nosa situación pois reflexa o que estamos a facer, pouco a pouco e entre todas,
creando a nosa nova biblioteca.
Samaín: o alumnado pasouno en grande
vendo a interpretación que fixeron as mestras do conto Camuñas, esta foi a nosa
selección para o expositor:
- Día internacional contra a
violencia, temos varios libros que tratan esta temática. Elaboramos unha gran
pancarta amosando o noso rexeitamento á violencia.
- Día da Discapacidade: esta foi a
nosa selección e o noso lema: “Ti dis:
capacidade”.
E así, case
sen darnos conta, rematou o primeiro trimestre.
A nosa biblioteca
Saúdos dende a biblioteca!
Saúdos dende a biblioteca!
Como ben sabedes, e retomando as palabras da última entrada ao blog, a anterior capitá do barco tivo que deixarnos pero o novo equipo de biblioteca procuraremos seguir a súa estela.
Os comezos son difíciles e a posta en marcha da
biblioteca trala súa reforma implica un gran traballo, pero pouco a pouco
poñerémola ao día.
A gran boa nova deste curso é a nosa recente
incorporación ao programa de Plan de
Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). É unha honra para nós formar
parte desta rede e máis sendo un centro de educación especial, polo que
poñeremos todo o noso empeño en visibilizar a diversidade e as capacidades do
noso alumnado.
A nosa biblioteca foi inaugurada a finais do
pasado curso cun gran acto de celebración, no que houbo lecturas, como non!? E mesmo maxia!
Neste momento estamos a poñela en marcha, renovando fondos
bibliograficos e organizando actividades en torno a ela.
Volo iremos contando!
martes, 16 de abril de 2019
Cambio de capitá
Non hai cambio de rumbo, seguimos co vento en popa a toda vela esperando o día que a soñada xanela abra as súas follas, xa queda menos.
Nembargantes, a nosa coordinadora de biblioteca durante case dous cursos ten que abandoar o barco (esperamos que por pouco tempo). Julia, dende que en xaneiro de 2018 embarcamos nesta oportunidade, foi unha das impulsoras deste soño que sacudiu todo o colexio, buscando converter a nosa biblioteca nun elemento estratéxico para a innovación pedagóxica e proporcionando tanto ás alumnas e alumnos, como ás profesoras, oportunidades para o emprego dos múltiples recursos dispoñibles. Unha biblioteca cada vez máis inclusiva, que dea respostas ás necesidades de toda a comunidade educativa e facilitando o tratamento transversal dos contidos e un enfoque interdisciplinar en proxectos e actividades, contribuindo así aos cambios metodolóxicos imprescindibles para a nosa escola actual.Esperamos seguir contando con Julia a través das súas constribucións no blogue, achegándonos aquelas novidades que ás veces se nos escapan e aportando o punto musical ao asunto, xa sabedes… "Show Must Go On".
Pero esta tripulación non queda á deriva, unha nova capitá asumirá o mando deste barco facendo que este soño compartido estea máis preto de converterse en realidade. Non temos dúbidas que con Begoña chegaremos a bo porto en pouco tempo...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





