sábado, 15 de mayo de 2021

DÍA DA FAMILIA

Aproveitando que é o Día da Familia e que nesta ponte disporemos de tempo para disfrutar da compañía dos nosos, vos deixo por aquí uns contiños relacionados co tema:

jueves, 13 de mayo de 2021

Reto Día do Libro


Polo Día do Libro retaba ás familias a mandar unha imaxe representando a portada dun libro.

Grazas a Ainara, Álex, Ana, DuarteJavi, Juan, Lucía e Raúl pola vosa participación!! E ás mestras, pola vosa implicación e esforzo!! 

Sen vós non houbera sido posible! 

Agardo que vos guste:



viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Boas a todas e todos, en especial ás familias do CEE Nosa Señora do Rosario, pois esta entrada diríxovola a vós:

Hai uns días poñíavos en aviso de que estabamos argallando algo, hoxe paso por aquí para lanzarvos un RETO e teño a convicción de que, coma o ano pasado, a vosa colaboración será masiva. A ver que aula fai pleno de participación!?

Polo DÍA DO LIBRO veño a propoñervos unha actividade moi chula!!

Elexide o voso conto ou libro favorito e intentade representar a súa portada, con foto, cunha manualidade, con obxectos... calquera libro vale e calquera técnica é boa! Coidado que engancha que algunha profe fixo máis de 1 e de 2!

Déixovos as portadas que recreou a xente do cole para que vos fagades unha idea (podedes inspirarvos mirando #bookface en internet). Todas distintas pero moi chulas, elaboradas con esforzo, traballo, creatividade, e sobretodo, ilusión!




Por favor, enviádeme as vosas portadas antes do 5 de maio ao meu enderezo: axaneladossonos@gmail.com.

Agárdoas con ansia!!

Apertas de Charibot!


miércoles, 14 de abril de 2021

RETO

Xogamos?

Atopades diferencias entre unha portada e outra?

Non é o "xogo dos 7 erros"... so volo quería amosar para que vexades que o Equipo de biblio tivo unha arroutada e déuselle por imitar a portada deste libro que, a pesar do seu título, ao lelo é totalmente o oposto. 

Recomendámolo moito e todos os do seu autor -Shinsuke Yoshitake- dos que dispoñemos algún na nosa biblioteca...




Aos nosos lectores (alumnado, familias, mestras, ATEs...), en resumo a todos aqueles que formades parte da nosa comunidade educativa... ide pensando nalgún outro libro para representar a súa portada, nuns días lanzareivos un reto!!


Saúdos!


lunes, 8 de marzo de 2021

Polo 8M seguemos enchendo o noso recuncho máis feminista e empoderado da biblio!

Velaquí tedes as novas incorporacións:



Déixovos tamén unha canción:


8M + 364 días a prol da MULLER!!!



domingo, 21 de febrero de 2021

E seguen chegando libros! esta vez de Lectura Fácil, sabemos do alcance que ten este xeito de escribir, é idoneo para o noso alumnado, pero tamén fai que persoas como as inmigrantes e as que teñen trastornos de aprendizaxe, entre outras, accedan á lectura.

Tedes á vosa disposición a nosa colección de libros, pero tamén vos quero deixar por aquí un enlace a Planeta Fácil onde podedes descargarvos varios libros en LF como o clasiquísimo "Quijote", a dramática novela "El niño del pijama de rayas" ou "La gota de sangre" da nosa Emilia Pardo Bazán.


Que desfrutedes!!