domingo, 21 de febrero de 2021

E seguen chegando libros! esta vez de Lectura Fácil, sabemos do alcance que ten este xeito de escribir, é idoneo para o noso alumnado, pero tamén fai que persoas como as inmigrantes e as que teñen trastornos de aprendizaxe, entre outras, accedan á lectura.

Tedes á vosa disposición a nosa colección de libros, pero tamén vos quero deixar por aquí un enlace a Planeta Fácil onde podedes descargarvos varios libros en LF como o clasiquísimo "Quijote", a dramática novela "El niño del pijama de rayas" ou "La gota de sangre" da nosa Emilia Pardo Bazán.


Que desfrutedes!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario