lunes, 8 de marzo de 2021

Polo 8M seguemos enchendo o noso recuncho máis feminista e empoderado da biblio!

Velaquí tedes as novas incorporacións:



Déixovos tamén unha canción:


8M + 364 días a prol da MULLER!!!



domingo, 21 de febrero de 2021

E seguen chegando libros! esta vez de Lectura Fácil, sabemos do alcance que ten este xeito de escribir, é idoneo para o noso alumnado, pero tamén fai que persoas como as inmigrantes e as que teñen trastornos de aprendizaxe, entre outras, accedan á lectura.

Tedes á vosa disposición a nosa colección de libros, pero tamén vos quero deixar por aquí un enlace a Planeta Fácil onde podedes descargarvos varios libros en LF como o clasiquísimo "Quijote", a dramática novela "El niño del pijama de rayas" ou "La gota de sangre" da nosa Emilia Pardo Bazán.


Que desfrutedes!!








viernes, 5 de febrero de 2021

Maleta viaxeira

Apareceu pola biblio esta maleta... que conterá? 




Pois si que veu cargadiña de fondos sobre.... O Camiño de Santiago!










sábado, 30 de enero de 2021

Día da Ilustración

 Hoxe é un día relevante por varios motivos e queremos destacar dous deles:

- É a data de nacemento de Castelao, emblemático escritor galego considerado un dos principais creadores da prosa galega moderna.
e
- O a da Ilustración no que se reivindica o papel das ilustradoras e ilustradores. E os que co visitáchedes a nosa biblioteca seguro que recoñecedes a autoría do seguinte cartel en homenaxe á ilustradora este ano: Lolita Díaz Baliño "... unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época." Na páxina de Bibliotecas Escolares tedes máis información.

Fixádevos no cartel:

Efectivamente!!! Manel Cráneo, deseñou este cartel e foi quen debuxou as láminas que temos na nosa biblioteca. Estades convidad@s a velas de novo!

martes, 26 de enero de 2021

Día da PAZ e a Non Violencia

Achégase o Día da Paz e para que celebredes esta data, por aquí vos deixo uns maravillosos contos cheos de valores.

Espero que os desfrutedes.


"Wangari y los árboles de la paz"

jueves, 21 de enero de 2021

Día das apertas

Que son??

- Apórtannos seguridade e confianza.
- Provócanos pracer: sensación de calma, tranquilidade e sosiego.
- Cubren as nosas necesidades afectivas: precisamos 14 abrazos diarios!
- Permiten funcionar de mellor maneira: céntrannos e mantennos felices e funcionais.
- Son a mellor cura contra a timidez: favorecen a espontaneidade e abrirse.
- Diminúen a presión arterial e producen relaxación.
 
Mi madriña!! Que cantidade de beneficios nos aportan as… APERTAS!!! E canto tempo levamos sen poder recibilas de moita xente que nos gustaría…. Pero podemos dicírllelo!! As verbas tamén abrazan se son de agarimo. Que non nos quiten eso!
Ata que poidamos retomar esta costume tan sa, podemos ler contiños como os que temos na nosa biblio: