miércoles, 28 de octubre de 2020

E chegou...




RECURSOS PARA QUE DISFRUTEDES MONSTRUOSAMENTE DESTES DÍAS:

📌  RECOMENDACIÓNS BIBLIOGRÁFICAS:



📌  CONTOS ADAPTADOS:
       A clase de Noela, déixanos a súa aportación ao Samaín, espero que os disfrutedes:
       - Historia: O noso Samaín (pictos)
       - Cómo mola tu escoba (audio)
       - Cómo mola tu escoba (pictos)
       Brunilda y Bruno

📌  CONTACONTOS:

       - A bruxa regañadentes
      - ¡Qué miedo!
      -  Qué risas de huesos

       Pero si prefires ler a que che conten, podes descargar os seguintes libros:

      - La Bruja Pampurrias (conto infantil)
      - Mañana es Halloween (para adolescentes)
      - El gato negro (para adultos)

E PARA ACOMPAÑAR ESTAS LECTURAS, PODEDES ESCOITAR MÚSICA TERRORIFICAMENTE ANIMADA!

👂  Neste Genially tedes unha recopilación de cancións de SAMAÍN.

     Tamén en LSE: Corre, corre cabaciña ou O Samaín de Paco Nogueiras.




sábado, 24 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe a nosa biblioteca está de celebración, para elo queremos conmemoralo subindo un conto que reflexa o que estamos a facer na nosa biblioteca escolar.... pouco a pouco entre todas, poñendo noso gran de area para que a casa de Charibot vaia collendo forma.
Aquí vos deixamos: "Poppi, la niña del gorro rojo y la bibioteca del árbol". Esperamos que vos guste (está adaptado con pictos).


Tamén vos deixamos o enlace a un par de recursos que vos da acceso a unha recopilación de lecturas:
Biblioteca virtual para a infancia
Genially con recursos




viernes, 2 de octubre de 2020

Xeografías lectoras na Biblioteca Escolar

Vimos de recibir o cartel -deseñado por Bea Lema-  para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021 e queremos que o vexades porque a nós vennos xenial.

O lema elixido: XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.


 
Adáptasenos á perfección pois o proxecto de centro deste curso no cole versa sobre o Camiño de Santiago polo que indagaremos en diferentes aspectos da xeografía do percorrido que imos facer, empregando distintos soportes e formatos de lectura.

Ao mesmo tempo, estamos pendentes de que nos aproben o proxecto para participar no Club de Letras, polo que tamén relacionaremos este lema ás biografías de mulleres relevantes ao longo da historia e repartidas ao longo e ancho de toda a xeografía mundial polo que investigaremos nos libros para coñecer a vida e traxectoria destas mulleres pioneiras, exploraremos como fixeron moitas delas elas e viaxaremos a través das lecturas.

 Tedes máis información aquí: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1360

jueves, 24 de septiembre de 2020

Medidas de seguridade

Nestes meses publicáronse as instruccións de organización e funcionamento das bibliotecas escolares e tamén o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19.

Aquí vos deixamos a nosa proposta das medidas de seguridade e as normas xerais adaptadas á nova situación:






martes, 1 de septiembre de 2020

COMEEEEZAMOS!!

Benvidas e benvidos ao novo curso que hoxe se inaugura! 

Espero que disfrutarades deste atípico verán, que vos atopedes ben de saúde e con folgos novos para afrontar este curso con todo o que implica. 

Pola nosa parte, apetécenos volver á rutina e sobre todo, tanto as mestras coma eu, queremos vervos, imos poñer todo o noso empeño para que esto vaia ben.

En canto á biblio, estase a facer unha pequena obra na terra anexa… botei un ollo e pinta moooi ben, aínda está sen rematar e o cambio xa é espectacular… agora toca esperar e en breve poderemos desfrutar dela. Todo chegará. 

Infórmanme dende o claustro, que hai novo equipo de biblio, mestras implicadas e con moitas gañas de que a nosa fermosa biblioteca colla forma. Bravo por elas!! 

En breve colgaremos as medidas de seguridade que tomaremos na nosa biblio para poder seguir desfrutando dela. 

Saúdos!!

martes, 30 de junio de 2020

Pechado por vacacións


30 de xuño de 2020

podemos dar por rematado oficialmente o curso 2019/2020.

Hoxe, tocoume a min escribir esta entrada, pois as mestras están no último claustro; así que en nome das miñas compañeiras do equipo de biblioteca e no meu propio, paso por aquí para despedirme ata o vindeiro curso.

Sen dúbida este será inesquecible!

Ao longo destes meses, e máis nas últimas semanas, toda a comunidade educativa estivo implicada nas actividades que se propuxeron dende a biblioteca… cando teñades morriña botádelle un ollo ao blog para lembrar o que se traballou.
Tamén vos animo a que disfrutedes do verán, que recurrades á lectura nos vosos momentos de ocio e que aproveitedes os recursos que se foron colgando estes últimos meses, moitas plataformas continúan abertas para que poidamos beneficiarnos de numerosos libros e contos; tamén publicamos os lotes de libros que se foron incorporando á biblio, as novidades e os recunchos temáticos... son lecturas recomendables para o verán.
Vos facemos unha petición... Encantaríanos que fixerades comentarios no blog dicindo o que queirades, facendo suxerencias… sírvennos de aliciente para idear actividades novas e ter o blog actualizado; gústanos saber que ao outro lado hai xente que lle interesa o que facemos, mellor dito, o que fan @s seus fill@s, así que animádevos a comentar!


@s mestr@s do CEE Nosa Señora do Rosario deséxavos que disfrutedes do verán!! 
Con sentidiño, porque cabeza ten calquera.



domingo, 28 de junio de 2020

Día Internacional do Orgullo LGTBI+


28 de xuño: Día Internacional do Orgullo LGTBI+

E que significan estas siglas: L G T B I??

Pois as compañeiras do Equipo de Extraescolares, coa colaboración de Biblioteca, fixeron un traballo moi bo. Partindo dun conto: “Sirenas” e cun glosario, enténdese moi ben cada un destes termos. Na entrada anterior difundimos esta actividade.

A diversidade sexual é unha realidade que a nosa rapazada debe coñecer, neste sentido, a familia e a educación teñen un papel fundamental. A identidade sexual ou de xénero, recollida baixo as siglas LGTBI, segue a ser tabú para algunhas familias polo que é importante a súa normalización e comprensión tanto na casa como nas aulas.
Unha forma de facelo pode ser a través dos libros. Por eso hoxe, vos propoñemos varias lecturas sobre este tema.

Fixemos unha selección de libros específicos de LGTBI que explican termos ou contan historias con persoaxes diversas relacionadas coa temática que conmemoramos hoxe. Pero un libro é moito máis que un único contido… coa selección que fixemos intentamos abarcar outros aspectos ou temas que xurden a partir do concepto LGTBI como son os tipos de familias que se forman, as relacións interpersoais, ao mesmo tempo que estamos a traballar valores como a tolerancia, o respecto, a diversidade… potenciamos a visibilidade, a normalización, etc.

Contar con esta bibliografía na nosa biblioteca foi posible grazas a parte da asignación do PLAMBE, así como dos Contrato-programa.

A continuación vos ensinamos cales libros foron os que adquirimos; están esperando a ser lidos por vós en setembro…Agardo que vos gusten as propostas e tomedes nota.