martes, 13 de junio de 2023

Obradoiro

Temos que adiar un anaquiño o obradoiro, para evitar andar ás presas, así que aproveitamos para lembrarvos que o vindeiro luns 19 de xuño ás 16.30h temos preparado un obradoiro sobre CONTOS E CAA.

Esperámosvos!!


lunes, 5 de junio de 2023

Obradoiro para Familias

Non queremos rematar o curso sen invitarvos unha vez máis a vós, as familias, a que veñades ao cole o último luns lectivo a un obradoiro moi interesante sobre contos e Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA).

O obradoiro está enmarcado no programa Lecturas e Familias e será impartido por Alba Pérez, mestra e especialista en CAA, que nos dará consellos para a lectura de contos, favorecendo a participación da nosa rapazada, sexan ou non usuarios de CAA. 

Nunha segunda parte da tarde, veremos a parte práctica do obradoiro: un contacontos.


Veña, animádevos a vir e traede ás vosas crianzas!


viernes, 26 de mayo de 2023

Xuntanza FAMILIAS

Pois xa temos data e todo organizado para que familias e cativada vos acheguedes ao cole a pasar unha tarde entretida con diferentes actividades:



Non volo perderedes?

Pasaremos lista!

miércoles, 17 de mayo de 2023

17 de MAIO

 


FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

o seu constante e recoñecido traballo a favor da cultura galega
 faino merecedor de ser homenaxeado na 60ª edición das Letras Galegas 

Emulando a súa revista RESOL, quixemos recopilar unha pequena mostra 
das obras de varios autores...



E como non todo vai ser traballar, tamén houbo tempo para a foliada, veu unha agrupación a tocar e o noso alumnado, que estivo practicando, bailou unha muiñeira coas mestras como pandereteiras, xa vos dixemos que lle dabamos a todo!




Tamén vos deixo un enlace para facer un xogo sobre o autor homenaxeado e que os peques aprendan cousiñas sobre el: a xogar con Fernández del Riego

viernes, 21 de abril de 2023

Concurso: Cantamos coas mans

A FAXPG ven de publicar os centros participantes no VI concurso "Cantamos coas mans", nós somos un deles, o único colexio de educación especial público que se presentou.

Un dos premios é otorgado polo público a través dos seus votos polo que vos instamos a que nos votedes, é ben fácil, somos a primeira opción.

Déixovos por aquí onde acceder: Votar a CEE NS do Rosario

Tedes ata o día 27 de abril ás 12.00h, compartide o enlace, cantos máis, mellor!


G R A C I Ñ A S

jueves, 20 de abril de 2023

E chegan máis fondos, esta vez van ao noso recuncho co resto de lecturas fáciles, considerámolas fáciles polo seu xeito de seren escritas ou ben porque empregan apoios visuais, pictos, signos, etc. que axudan á comprensión lectora, á expresion oral, mellora a atención e motiva.

Neste caso, estamos a falar da colección de Os Bolechas que empregan pictogramas de lectura fácil para representar palabras ou ideas. Son 18 libros que tratan temas da vida cotiá como a hixiene, os animais, a rúa, os os oficios, a roupa, etc.



viernes, 14 de abril de 2023

Algaman vs Contaminadores

 

"Encántame que os plans saian ben" 
e eso se consigue cun bo equipo, 
que equipo? 
o EQUIPAZO o que hai no CEE NS do Rosario.


Chegou o día do gran estreo!!!

Como vos adiantara foi un traballo conxunto...

Todo comezou cando, como vai sendo habitual, Omar Rabuñal decidiuse a facer o obradoiro de gravación co noso alunado de FP co proxecto de centro como trama da curta.

Toca un pouco de teoría e tamén pensar que queremos contar e como darlle forma, repartimos os papeis aínda que non é relevante porque todos participamos, ben actuando ou ben formando parte do equipo técnico, vestiario, atrezzo...

Mentres Omar monta a curta, o alunado deseña as invitacións e a cartelería publicitaria, porque esta vez queremos compartir o que facemos no cole e proxectala fora para o que se reserva un gran salón de actos, a ocasión ben o merece. O alunado invita un por un a cada compañeiro e compañeira do centro, así como ás mestras, ATES e resto de persoal non docente, ninguén pode faltar!

Créase un photocall, uns detalliños... dúas mestras preparan ao seu alunado, en tempo record, para conducir o evento nos roles de presentadores, acomodadores, fotógrafo, azafatos, etc. A pesar da premura, dos nervios, da expectación... foi un éxito, todas e todos desfrutaron da curta, dos regaliños e dalgunha outra sorpresiña máis.

Graciñas a todos os asistentes, a colaboración do persoal do cole, ás familias que se achegaron, foi moi significativo para nós e sobretodo, para o alunado.


E xa non me lío máis, imos ao que vos interesa, ás imaxes, clicade no enlace final para ver a CURTA!!

"Algaman vs Contaminadores"