Coma sempre, preparamos o noso expositor con libros sobre a temática e fixemos unha actividade conxunta nas portas dos corredores.
viernes, 25 de noviembre de 2022
lunes, 14 de noviembre de 2022
Xornada de Biblioteca
Como é habitual por estas datas, celébrase en Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia, con invitadas e invitados expertos na temática do lema deste curso "Escribir a biblioteca escolar".
Aquí queda o programa para que lle botedes un ollo:
Tedes na páxina da Asesoría de Bibliotecas o material e as ponencias publicados para aqueles que non puidéchedes asistir.
Dende cole foron dúas representantes a empaparse destas experiencias e coñecementos compartidos.
lunes, 7 de noviembre de 2022
viernes, 28 de octubre de 2022
Recomendacións de lecturas sobre o MAR:
Xa vos amosamos por aquí os libros sobre ecoloxía, medioambiente, coidado do planeta... que adquirimos para poñer en marcha o noso PDI.
Hoxe déixovos unhas recomendacións sobre o auga, mar, océano… Bibliografía que nos axudará a aprender máis sobre o elemento da natureza que nos ocupa este primeiro trimestre.
Para os máis peques do cole temos uns libros de información, moi vistosos e atractivos cos que facer un primeiro achegamento aos coñecementos sobre os océanos:
Para os máis maiores...
...e para os expertos lectores do cole:
miércoles, 26 de octubre de 2022
Presentación de ALGAMAN
Unha vez feitas as votacións, nomeamos deseño gañador o do Grupo 7 do cole: con vós, ALGAMAN.
Estará presente connosco este trimestre:
martes, 25 de octubre de 2022
Socias da biblioteca
Hoxe paso por aquí para informarvos de que o noso cole é socio da biblioteca da Xunta: González Garcés. Que sorte ter unha biblio pública tan completa preto do cole!, coa posibilidade de achegarnos en calqueira momento e desfrutar do tempo de lecer entre libros e ademais coa oportunidade de levar prestados libros para ler no cole. Que bo recurso!!
Anímovos a visitar as biblios da vosa contorna, a facervos socios e socias porque soen ofertar numerosas actividades das que poden gozar os vosos fillos e fillas (contacontos, teatros, obradoiros, etc).
lunes, 24 de octubre de 2022
DÍA DA BIBLIOTECA
Hoxe tivemos a gran sorte de ter connosco a Charo Pita, xa viñera o curso pasado a facer un obradoiro polo programa de Lecturas e Familias, gustounos tanto que volvimos convidala para celebrar o día de hoxe.

.jpg)






.jpg)



.jpg)