Hoxe ao entrar na biblio había este montonciño de caixiñas... para que quererá tantas Charibot?
Que tal de verán?
Comezamos un novo curso, con ganas e enerxías renovadas!
Hoxe quero mostrarvos uns libros novos que chegaron á biblio mentres estabades de vacacións:
Aquí están agardando a que sexan lidos por vós!
Bo comezo!!
E como sempre por estas datas, as mestras andan nestes días tolos de reunións e rematando papeleo, por eso paso eu por aquí para despedirme…
Víase lonxe pero chegou o final deste curso tan peculiar no que pasamos por numerosas emocións, dende a incertidume, a inseguridade, pasando en ocasións polo medo; pero pola contra, tamén con ganas, ánimo e positivismo, contaxiando, SI! Pero so ilusión por facer!!!
Queremos amosarvos o que fixemos nestes meses, as mestras puxeron
o seu empeño en que todo fora o máis ameno e levadeiro para o noso alumnado. Afrontaron
as dificultades con soltura, gañaron en autonomía, medrou a creatividade… O
noso alumnado tivo un comportamento exemplar, adaptándose ás circunstancias
sempre con boa actitude.
Antes, quero mandar a miña gratitude a toda a comunidade
educativa, ás mestras que
buscaron alternativas ás actividades que sempre fixeran, resto de persoal do
centro por implicarse, participar e apoiar, ás familias pola axuda e comprensión, e sobre todo ao alumnado, son a nosa motivación.
Con este video-resumo poño broche final a este curso 2020/2021 inesquecible.
Despedímonos ata o vindeiro curso.
Que desfrutedes do verán!
Vémonos en setembro no novos folgos😉
Apertas de Charibot!!
Aproveitando que é o Día da Familia e que nesta ponte disporemos de tempo para disfrutar da compañía dos nosos, vos deixo por aquí uns contiños relacionados co tema:
Polo Día do Libro retaba ás familias a mandar unha imaxe representando a portada dun libro.
Grazas a Ainara, Álex, Ana, Duarte, Javi, Juan, Lucía e Raúl pola vosa participación!! E ás mestras, pola vosa implicación e esforzo!!
Sen vós non houbera sido posible!
Agardo que vos guste:
Boas a todas e todos, en especial ás familias do CEE Nosa Señora do Rosario, pois esta entrada diríxovola a vós:
Hai uns días poñíavos en aviso de que estabamos argallando algo, hoxe paso por aquí para lanzarvos un RETO e teño a convicción de que, coma o ano pasado, a vosa colaboración será masiva. A ver que aula fai pleno de participación!?
Polo DÍA DO LIBRO veño a propoñervos unha actividade moi chula!!
Elexide o voso conto ou libro favorito e intentade representar a súa portada, con foto, cunha manualidade, con obxectos... calquera libro vale e calquera técnica é boa! Coidado que engancha que algunha profe fixo máis de 1 e de 2!
Déixovos as portadas que recreou a xente do cole para que vos fagades unha idea (podedes inspirarvos mirando #bookface en internet). Todas distintas pero moi chulas, elaboradas con esforzo, traballo, creatividade, e sobretodo, ilusión!
Por favor, enviádeme as vosas portadas antes do 5 de maio ao meu enderezo: axaneladossonos@gmail.com.
Agárdoas con ansia!!
Apertas de Charibot!
Xogamos?
Atopades diferencias entre unha portada e outra?
Non é o "xogo dos 7 erros"... so volo quería amosar para que vexades que o Equipo de biblio tivo unha arroutada e déuselle por imitar a portada deste libro que, a pesar do seu título, ao lelo é totalmente o oposto.
Recomendámolo moito e todos os do seu autor -Shinsuke Yoshitake- dos que dispoñemos algún na nosa biblioteca...
Aos nosos lectores (alumnado, familias, mestras, ATEs...), en resumo a todos aqueles que formades parte da nosa comunidade educativa... ide pensando nalgún outro libro para representar a súa portada, nuns días lanzareivos un reto!!
Saúdos!