Con motivo do día do 25N, dende a Xanela dos soños vos propoñemos a seguinte selección de lecturas para
conmemorar esta data (moitos deses libros os tedes na biblio á vosa
disposición):
Con motivo do día do 25N, dende a Xanela dos soños vos propoñemos a seguinte selección de lecturas para
conmemorar esta data (moitos deses libros os tedes na biblio á vosa
disposición):
Neste día tan especial para as máis pequenas e pequenos, queremos recurrir á entrañable Mafalda para lembrarnos dos Dereitos da Infancia:
Estimadas familias,
co motivo do Día Internacional da Discapacidade, queremos facer unha actividade entre todxs.
Cómo a imos conmemorar? Amosando as CAPACIDADES do noso alumnado, para o cal pedimos a vosa colaboración.
Por favor, precisamos que lle fagades unha foto ou video (de escasos segundos) ao vosx fillx, representando a habilidade ou talento no que destaque (debuxar, cantar, trepar, xogar, etc.), vós mellor que ninguén o sabe.
Esperamos as imaxes de todo ou case todo o alumnado con ilusión, con elas faremos un video, que publicaremos na páxina web do cole; lembrade que lles encanta verse.
Podedes enviarnos a imaxe ata o día 29 de novembro a este enderezo: axaneladossonos@gmail.com.
Aproveitamos para recordarvos que firmedes a Autorización (sinalando as datas) ou a Non Autorización que vos enviaron as titoras, e nola remitades para ir preparando no cole outras conmemoracións.
Moitas grazas!
Por certo! no me perdades a pista...en breve recibiredes novas miñas e vos explicarei porque mudei o parche....
Saúdos de Chari_??__
E PARA ACOMPAÑAR ESTAS LECTURAS, PODEDES ESCOITAR MÚSICA TERRORIFICAMENTE ANIMADA!
👂 Neste Genially tedes unha recopilación de cancións de SAMAÍN.
Tamén en LSE: Corre, corre cabaciña ou O Samaín de Paco Nogueiras.
Hoxe a nosa biblioteca está de celebración, para elo queremos conmemoralo subindo un conto que reflexa o que estamos a facer na nosa biblioteca escolar.... pouco a pouco entre todas, poñendo noso gran de area para que a casa de Charibot vaia collendo forma.
Aquí vos deixamos: "Poppi, la niña del gorro rojo y la bibioteca del árbol". Esperamos que vos guste (está adaptado con pictos).
Tamén vos deixamos o enlace a un par de recursos que vos da acceso a unha recopilación de lecturas:
- Biblioteca virtual para a infancia
- Genially con recursos
Vimos de recibir o cartel -deseñado por Bea Lema- para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021 e queremos que o vexades porque a nós vennos xenial.
O lema
elixido: XEOGRAFÍAS
LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
Ao mesmo
tempo, estamos pendentes de que nos aproben o proxecto para participar no Club de Letras, polo que tamén relacionaremos este lema ás biografías de mulleres relevantes ao longo da historia
e repartidas ao longo e ancho de toda a xeografía mundial polo que investigaremos
nos libros para coñecer a vida e traxectoria destas mulleres pioneiras,
exploraremos como fixeron moitas delas elas e viaxaremos a través das lecturas.
Nestes meses publicáronse as instruccións de organización e funcionamento das bibliotecas escolares e tamén o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19.
Aquí vos deixamos a nosa proposta das medidas de seguridade e as normas xerais adaptadas á nova situación: