miércoles, 1 de octubre de 2025
miércoles, 16 de abril de 2025
OBRADOIRO: libro de familia
Boas familias,
Témosvos preparado un obradoiro para pasar un momento de lecer coas vosas crianzas da man do escritor e ilustrador Pablo Otero.
Será o luns 28 de abril pola tarde na biblioteca do cole (17:30 a 19:30h).
Propoñémosvos pasar en familia un momento de entretemento entorno ás lecturas, a novidade? Vós seredes os protagonistas, mellor! as autoras e autores do voso libro. Seguro que aos rapaces lles encantará facelo con vós.
Por aquí tedes un documento que nos pasou Pablo para que lle botedes un ollo e veñades cunha idea do que se fará. É un pouquiño longo, non vos imos enganar, pero olládeo, o último parágrafo indícavos materiais para traer...
Agradeceriamos que lles confirmarades a vosas asistencia ás titoras para ter unha estimación de familias participantes que viredes, ogallá que moitas!
Esperamos vervos!!
viernes, 3 de mayo de 2024
Lecturas e Familias
Boas familias e resto de comunidade educativa do CEE Nosa Señora do Rosario,
Estamos a preparar un obradoiro de lecturas compartidas, confirmade asistencia para axustar máis os contidos pero vos esperamos a todos e todas para que veñades a desfrutar dun momento de lecer coas vosas crianzas.
Ensinarémosvos o que levamos facendo durante todo o curso na Hora de Ler e como podedes trasladar esta actividade ás vosas casas, potenciando o uso dos vosos comunicadores a través da Linguaxe Natural Asistida.
Saúdos!
martes, 2 de abril de 2024
Literatura
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Xa vos iremos contando.
domingo, 11 de febrero de 2024
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
Hoxe se conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. No cole fixemos unha selección de libros relacionados con esta efeméride. Tamén, estar embarcadas en Polos Creativos e levar a cabo experimentos semanais, permítenos profundizar no eido científico e aprender moito sobre as aportacións das mulleres neste campo.
Nesta ligazón tedes información e actividades para a visibilización do traballo das mulleres na Ciencia.
viernes, 2 de febrero de 2024
Ven o Entroido
A semana que ven festexamos o Entroido no cole, por eso recopilamos por aquí os mandadiños do Meco.
Tomade nota: o vindeiro venres día 9 faremos un pasarrúas despois do recreo. Xa vos concretaremos.

miércoles, 20 de diciembre de 2023
NADAL
Vai acabando o ano, con el o primeiro trimestre e se achegan as festas de Nadal... no cole temos previstas varias actividades para festexalo, pero tivemos unha visita sorpresa deste Apalpador tan especial que nos agasallou Livraría Suevia, sempre tan atenta. Ademais, nos trouxo esta recomendación, anímovos a lelo:
Que desfrutedes das festas de Nadal, descansade e que teñades boa entrada no Aninovo!
Charibicos!
.jpg)



.jpg)
