viernes, 24 de marzo de 2023

Día da poesía

Estamos moi orgullosas do resultado final deste traballo que vos amosamos na semana na que se conmemora o día da poesía e chega a primavera. 

Esta tarefa foi froito da fusión de varias actividades que levamos argallando nas últimas semanas... por unha banda, e como parte do proxecto de centro, reciclamos papel, quedamos encantadas coa experiencia e co resultado! conseguimos unhas follas ben chulas para portadas, diplomas ou, neste caso, para debuxar, a través de caligramas, unhas follas de carballo nas que tamén escribimos unha palabra galega ou un verso da nosa escritora máis prestixiosa que temos: Rosalía de Castro que tantas palabras bonitas lle dedicou á nosa terra e á nosa natureza.

Como vedes, o moucho decidiu baixar "daquel penedo" para apoiarse neste carballo tan acolledor.






miércoles, 22 de marzo de 2023

Escola de nais e pais

Compartir experiencias é moi enriquecedor, por eso a escola de nais e pais é o lugar perfecto para que esto aconteza entre as familias do noso centro. 

Nesta ocasión, a proposta do encontro é poñer en práctica estratexias nas vosas rutinas diarias para axudar á rapazada a avanzar na súa linguaxe.

Anímovos a achegarvos ao cole a tarde do vindeiro luns e que participedes para aprender todos de todos.






viernes, 10 de marzo de 2023

Semana da Prensa

Que mellor xeito de conmemorar a semana da prensa con novas, novas cheas de orgullo.

Dende a fin de semana, co motivo da entrega dos premios aos carteis polo 8M o pasado venres, concurso convocado pola Xunta, a prensa fíxose eco desta nova e foron varios os medios que a publicaron:




miércoles, 8 de marzo de 2023

8M

Coma todos os anos por esta data, preparamos o expositor con novas publicacións relacionadas coas MULLERES

Tamén temos o noso recuncho feminista na biblio, un tema que non merece menos espazo e dedicación permanente...




E unhas actividades que fixemos para conmemorar este día foron:

Completar esta siluetas de muller con diferentes palabras e mensaxes...



Aproveitar e facer puzzles a partir do cartel gañador:



E os maiores do cole amosaron as súas habilidades interpretativas escenificando diferentes situacións que, lamentablemente, aínda se ven na nosa sociedade...



jueves, 23 de febrero de 2023

Premio 8M

Non é por presumir pero... bueno, un pouco sí! por qué o imos negar!?

En xaneiro a Xunta convocou un concurso de deseño dun cartel polo día 8M... pois vimos de saber que o noso cole foi premiado grazas a un bonitísimo deseño feito polo grupo do mestre Gabriel.

Nunha semaniña iremos á capital a recoller o noso premio.

Noraboa Adriana, Álex, Marcos, Noemí e Pedro, e por suposto o noso recoñecemento a Gabriel e Conchi que puxeron todo o seu empeño.


Aquí tedes o cartel gañador:


Xunto a nós, foron premiados outros centros da nosa cidade como o Anxo da Garda e o Rafael Dieste. Pero houbo recoñecementos para máis coles da comunidade que tamén se presentaron.
Déixovos as novas:

Noticia do Ideal Galego

Noticia do Español

miércoles, 8 de febrero de 2023

Mandadiños do Meco!

 Xa queda menos para disfrazarnos!!

Seguide os mandadiños que nos propón o Meco, o vindeiro luns 13 podemos comezar:


Lembrade que son acumulativos!
Vémonos e recoñecémonos! 😋


miércoles, 1 de febrero de 2023

Febreiro... imos contigo!

Damos a benvida a Febreiro, o mes do Entroido, dos disfraces, da imaxinación, da creatividade, da festa, do desfrute...

Como sabedes, no cole temos un FP onde cociñamos, estamos a participar no proxecta de Cociñando con saúde, semanalmente fanse receitas saudables polo que vos queremos facer unha proposta, esta vez, máis saborosa que saudable... pero un día é un día!!

Animámosvos a pasar tempo en familia preparando estes doces de Entroido e que os compartades co resto do cole o venres 17. Todas as familias que queiran poden traer eses postres para facer unha desgustación.

Botádele un ollo á seguinte imaxe:


Animádevos a participar!!!