miércoles, 1 de febrero de 2023

Febreiro... imos contigo!

Damos a benvida a Febreiro, o mes do Entroido, dos disfraces, da imaxinación, da creatividade, da festa, do desfrute...

Como sabedes, no cole temos un FP onde cociñamos, estamos a participar no proxecta de Cociñando con saúde, semanalmente fanse receitas saudables polo que vos queremos facer unha proposta, esta vez, máis saborosa que saudable... pero un día é un día!!

Animámosvos a pasar tempo en familia preparando estes doces de Entroido e que os compartades co resto do cole o venres 17. Todas as familias que queiran poden traer eses postres para facer unha desgustación.

Botádele un ollo á seguinte imaxe:


Animádevos a participar!!!

lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

Co motivo do Día escolar da Non Violencia e da Paz seleccionamos varios libros relacionados coa temática e nestes días o alumnado fixo algún debuxo, escribiu unha mensaxe ou palabra de paz para colgar hoxe nesta árbore decorada con agarimo e cores tan bonitiños.


Tamén compartimos unha actividade co alumnado do CEIP María Pita.

martes, 24 de enero de 2023

Ano novo, coñecementos novos!!

Algaman agradeceunos o traballo do primeiro trimestre colaborando no coidado do mar, podedes velo aquí.

Pero non está todo o traballo feito, ogallá!!

Imos coñecer outro elemento da natureza que precisa da noxa axuda: a TERRA.

Pero nesta ocasión Algaman pasa a testemuña e estará con nós un insecto que coñece á perfección a terra.

Algaman presenta a.......


SUPERFORMIGA pasou polas aulas captando membros que formaran parte do seu equipo, fixoo animadamente, cantando e repartindo pegatinas.
Ser do seu equipo implica perseguir un obxectivo final: o coidado do planeta, e como? a través da Reciclaxe, Reutilización e Reducción.
Polo pronto deulle unhas sementes a cada alumno e alumna, a ver que tal se lles da no horto...

Ireivos contando cousiñas por aquí!

lunes, 5 de diciembre de 2022

Dis: CAPACIDADE??




Temos no expositor varios libros que tratan a temática da diversidade:



Este ano tamén fixemos unha actividade moi chula... fixemos unha tarxeta de presentación mencionando unha habilidade que tiveramos... elexir so unha... que complicado! 





viernes, 25 de noviembre de 2022

lunes, 14 de noviembre de 2022

Xornada de Biblioteca

Como é habitual por estas datas, celébrase en Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia, con invitadas e invitados expertos na temática do lema deste curso "Escribir a biblioteca escolar".

Aquí queda o programa para que lle botedes un ollo:



Tedes na páxina da Asesoría de Bibliotecas o material e as ponencias publicados para aqueles que non puidéchedes asistir.

Dende cole foron dúas representantes a empaparse destas experiencias e coñecementos compartidos.