domingo, 6 de febrero de 2022

Enquisa: Lecturas e Familias

Sabedoras dos beneficios da lectura no desenvolvemento global das crianzas e aproveitando a oportunidade de participar no programa de “Lecturas e familias” convocado polas Bibliotecas Escolares, o noso colexio presentou un proxecto e foi seleccionado, sendo o único centro de educación especial de Galicia que participará no programa.

A biblioteca escolar ten como principal misión a de exercer de mediadora da lectura no centro, proporcionando recursos, servizos e oportunidades para o desenvolvemento de competencia lectora e deseñando experiencias de lectura variadas e plurais, acordes ás formas de comunicación actuais e ás necesidades de alumnado, familias e profesorado.

Por este motivo, agradeceríamos a súa participación, anónima, nunha pequena enquisa que nos daría información sobre o papel que xoga a lectura na súa casa así como coñecer os seus gustos e intereses.

Tedes ata o día 14 de febreiro para cubrila.

Premede AQUÍ

Graciñas!


lunes, 20 de diciembre de 2021

Consurso de postais de NADAL

E a piques de rematar este primeiro trimestre, convocamos un concurso de postais navideñas. Mirade a exposición tan chula grazas ás creacións do noso alumnado:

       Seguro que recibiredes algunhas delas no voso buzón proximamente.


        Que desfrutedes do Nadal!





viernes, 3 de diciembre de 2021

Hai un tempo lin o seguinte minirelato escrito por Emily Pearl Kinsgley en 1987

Paréceme que hoxe é o día axeitado para compartilo con vós. 




3 DE DECEMBRO:
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 a continuación vos deixamos unha pequena mostra dos libros que temos sobre a diversidade:

 

Neste día, no cole, fixemos os seguintes obradoiros:





lunes, 29 de noviembre de 2021

Nova remesa de libros... esta vez dun autor que nos encanta pola súa destreza narrativa e ilustrativa: CANIZALES.

Son contos que se alonxan do convencional, son divertidos e invitan á imaxinacion, e cunhas ilustracións tan vistosas que falan por si mesmas. Non temos todos os que son, pero fixemos unha selección dos que versan sobre aspectos tales como a diversidade e a inclusión, a apariencia física e a autoimaxe, a autoestima, etc.


















T


subir fotos



jueves, 25 de noviembre de 2021

25 NOVEMBRO


25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Neste día, o alumnado fixo unha actividade moi chula: 


deixou a súa pegada contra a violencia de xénero. 

Ao longo da semana, nas aulas se traballaron varias das lecturas propostas.

 






martes, 2 de noviembre de 2021

SAMAÍN

Para festexar o Samaín, ademáis de vir ambientados ao cole, fixemos unhcas cabazas para unha exposición. 


Moitas grazas por participar!