lunes, 29 de noviembre de 2021

Nova remesa de libros... esta vez dun autor que nos encanta pola súa destreza narrativa e ilustrativa: CANIZALES.

Son contos que se alonxan do convencional, son divertidos e invitan á imaxinacion, e cunhas ilustracións tan vistosas que falan por si mesmas. Non temos todos os que son, pero fixemos unha selección dos que versan sobre aspectos tales como a diversidade e a inclusión, a apariencia física e a autoimaxe, a autoestima, etc.


















T


subir fotos



jueves, 25 de noviembre de 2021

25 NOVEMBRO


25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Neste día, o alumnado fixo unha actividade moi chula: 


deixou a súa pegada contra a violencia de xénero. 

Ao longo da semana, nas aulas se traballaron varias das lecturas propostas.

 






martes, 2 de noviembre de 2021

SAMAÍN

Para festexar o Samaín, ademáis de vir ambientados ao cole, fixemos unhcas cabazas para unha exposición. 


Moitas grazas por participar!

viernes, 22 de octubre de 2021

24/10 DÍA DAS BIBLIOTECAS

Lembrádesvos daquelas caixiñas que vos amosara Charibot por aquí? pois mirade que tiñan dentro... a espectacular colección de minilibros de KALANDRAKA. 



Charibot estívoos preparando con moito agarimo para o noso alumnado; todos e todas levarán cadanseu libriño para casa co motivo do DIA DA BIBLIOTECA.

A seguir lendo!!


Saúdos!!


viernes, 24 de septiembre de 2021

 

Hoxe ao entrar na biblio había este montonciño de caixiñas... para que quererá tantas Charibot? 




E esta outra caixa taaan grande?, mirade que había dentro! sabedes o que é? un kamishibai! un teatrillo xaponés... estamos desexando estrearlo!!




Na páxina das Bibliotecas Escolares pode consultarse máis información sobre este recurso.
Esperamso darlle moito uso!

 

lunes, 6 de septiembre de 2021

Iniciando o curso!

Que tal de verán?

Comezamos un novo curso, con ganas e enerxías renovadas!

Hoxe quero mostrarvos uns libros novos que chegaron á biblio mentres estabades de vacacións:









Aquí están agardando a que sexan lidos por vós!

Bo comezo!!