jueves, 3 de diciembre de 2020

3 de DECEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON disCAPACIDADE


E falando de capacidades, convoquei ao alumnado a que me enviasen una foto ou video onde representasen o seu talento ou "habilidade para". 

Moitísimas grazas pola vosa participación, a continuación vos amosamos a montaxe que fixo o equipo de TICs, esperamos que vos guste!

Día da disCAPACIDADE (NSRosario)


Aquí vos deixo unha recopilación de recursos para conmemorar esta data: Un aula para sentir






miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N. Día internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.

 

Con motivo do día do 25N, dende a Xanela dos soños vos propoñemos a seguinte selección de lecturas para conmemorar esta data (moitos deses libros os tedes na biblio á vosa disposición):





E se queredes un pouquiño de música...

- La puerta violeta de Rozalén en LSE: versión 1 ou versión 2



viernes, 20 de noviembre de 2020

Día Internacional da Infancia

Neste día tan especial para as máis pequenas e pequenos, queremos recurrir á entrañable Mafalda para lembrarnos dos Dereitos da Infancia:




jueves, 19 de noviembre de 2020

 

Estimadas familias,


co motivo do Día Internacional da Discapacidade, queremos facer unha actividade entre todxs.

Cómo a imos conmemorar? Amosando as CAPACIDADES do noso alumnado, para o cal pedimos a vosa colaboración.

Por favor, precisamos que lle fagades unha foto ou video (de escasos segundos) ao vosx fillx, representando a habilidade ou talento no que destaque (debuxar, cantar, trepar, xogar, etc.), vós mellor que ninguén o sabe.

Esperamos as imaxes de todo ou case todo o alumnado con ilusión, con elas faremos un video, que publicaremos na páxina web do cole; lembrade que lles encanta verse.

Podedes enviarnos a imaxe ata o día 29 de novembro  a este enderezo:  axaneladossonos@gmail.com.

Aproveitamos para recordarvos que firmedes a Autorización (sinalando as datas) ou a Non Autorización que vos enviaron as titoras, e nola remitades para ir preparando no cole outras conmemoracións.


Moitas grazas!


Por certo! no me perdades a pista...en breve recibiredes novas miñas e vos explicarei porque mudei o parche....

Saúdos de Chari_??__

miércoles, 28 de octubre de 2020

E chegou...




RECURSOS PARA QUE DISFRUTEDES MONSTRUOSAMENTE DESTES DÍAS:

📌  RECOMENDACIÓNS BIBLIOGRÁFICAS:



📌  CONTOS ADAPTADOS:
       A clase de Noela, déixanos a súa aportación ao Samaín, espero que os disfrutedes:
       - Historia: O noso Samaín (pictos)
       - Cómo mola tu escoba (audio)
       - Cómo mola tu escoba (pictos)
       Brunilda y Bruno

📌  CONTACONTOS:

       - A bruxa regañadentes
      - ¡Qué miedo!
      -  Qué risas de huesos

       Pero si prefires ler a que che conten, podes descargar os seguintes libros:

      - La Bruja Pampurrias (conto infantil)
      - Mañana es Halloween (para adolescentes)
      - El gato negro (para adultos)

E PARA ACOMPAÑAR ESTAS LECTURAS, PODEDES ESCOITAR MÚSICA TERRORIFICAMENTE ANIMADA!

👂  Neste Genially tedes unha recopilación de cancións de SAMAÍN.

     Tamén en LSE: Corre, corre cabaciña ou O Samaín de Paco Nogueiras.




sábado, 24 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe a nosa biblioteca está de celebración, para elo queremos conmemoralo subindo un conto que reflexa o que estamos a facer na nosa biblioteca escolar.... pouco a pouco entre todas, poñendo noso gran de area para que a casa de Charibot vaia collendo forma.
Aquí vos deixamos: "Poppi, la niña del gorro rojo y la bibioteca del árbol". Esperamos que vos guste (está adaptado con pictos).


Tamén vos deixamos o enlace a un par de recursos que vos da acceso a unha recopilación de lecturas:
Biblioteca virtual para a infancia
Genially con recursos




viernes, 2 de octubre de 2020

Xeografías lectoras na Biblioteca Escolar

Vimos de recibir o cartel -deseñado por Bea Lema-  para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021 e queremos que o vexades porque a nós vennos xenial.

O lema elixido: XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.


 
Adáptasenos á perfección pois o proxecto de centro deste curso no cole versa sobre o Camiño de Santiago polo que indagaremos en diferentes aspectos da xeografía do percorrido que imos facer, empregando distintos soportes e formatos de lectura.

Ao mesmo tempo, estamos pendentes de que nos aproben o proxecto para participar no Club de Letras, polo que tamén relacionaremos este lema ás biografías de mulleres relevantes ao longo da historia e repartidas ao longo e ancho de toda a xeografía mundial polo que investigaremos nos libros para coñecer a vida e traxectoria destas mulleres pioneiras, exploraremos como fixeron moitas delas elas e viaxaremos a través das lecturas.

 Tedes máis información aquí: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1360