jueves, 13 de febrero de 2020

Saúdos dende a biblioteca!


Saúdos dende a biblioteca!


Como ben sabedes, e retomando as palabras da última entrada ao blog, a anterior capitá do barco tivo que deixarnos pero o novo equipo de biblioteca procuraremos seguir a súa estela.
Os comezos son difíciles e a posta en marcha da biblioteca trala súa reforma implica un gran traballo, pero pouco a pouco poñerémola ao día.

A gran boa nova deste curso é a nosa recente incorporación ao programa de Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). É unha honra para nós formar parte desta rede e máis sendo un centro de educación especial, polo que poñeremos todo o noso empeño en visibilizar a diversidade e as capacidades do noso alumnado.


A nosa biblioteca foi inaugurada a finais do pasado curso cun gran acto de celebración, no que houbo lecturas, como non!? E mesmo maxia!

Neste momento estamos a poñela en marcha, renovando fondos bibliograficos e organizando actividades en torno a ela.

Volo iremos contando!





martes, 16 de abril de 2019

Cambio de capitá

Non hai cambio de rumbo, seguimos co vento en popa a toda vela esperando o día que a soñada xanela abra as súas follas, xa queda menos.
Nembargantes, a nosa coordinadora de biblioteca durante case dous cursos ten que abandoar o barco (esperamos que por pouco tempo). Julia, dende que en xaneiro de 2018 embarcamos nesta oportunidade, foi unha das impulsoras deste soño que sacudiu todo o colexio, buscando converter a nosa biblioteca nun elemento estratéxico para a innovación pedagóxica e proporcionando tanto ás alumnas e alumnos, como ás profesoras, oportunidades para o emprego dos múltiples recursos dispoñibles. Unha biblioteca cada vez máis inclusiva, que dea respostas ás necesidades de toda a comunidade educativa e facilitando o tratamento transversal dos contidos e un enfoque interdisciplinar en proxectos e actividades, contribuindo así aos cambios metodolóxicos imprescindibles para a nosa escola actual.
Esperamos seguir contando con Julia a través das súas constribucións no blogue, achegándonos aquelas novidades que ás veces se nos escapan e aportando o punto musical ao asunto, xa sabedes… "Show Must Go On".
Pero esta tripulación non queda á deriva, unha nova capitá asumirá o mando deste barco facendo que este soño compartido estea máis preto de converterse en realidade. Non temos dúbidas que con Begoña chegaremos a bo porto en pouco tempo...

miércoles, 20 de marzo de 2019

21 de Marzo Día do Síndrome de Down

Bo día:
Esta é Pepita, unha nena moi especial...¿queredes coñecela?...pois que mellor forma de facelo que lendo a súa historia. Aquí a tedes, esperamos que vos guste.

Feliz día do Síndrome de Down a todos e todas. A diversidade, a nosa riqueza!!

viernes, 8 de marzo de 2019

8 de marzo. Día da Muller!!

Hoxe temos un gran día por diante, festexamos O día da muller!!!
As nosas nenas e nenos teñen que ser conscientes de que o xénero non pode ser causa de padecer ningún tipo de discriminación, desigualdade, violencia...
Temos que ser capaces de transmitirlles que: as cores, os xogos, a educación, as profesións, os coidados, as tarefas do fogar, etc; non teñen que ver co xénero, teñen que ver coas persoas que conformamos o mundo e as súas responsabilidades.
Queremos MULLERES E HOMES  LIBRES, capaces de compartir e loitar a diario xuntos, sendo quen de escoller aquilo co que se sintan a gusto.

Unha das vías que temos para facelo é a lectura e por iso aquí compartimos algúns dos marabillosos títulos seleccionados para este gran día. FAGAMOS QUE O DÍA DA MULLER SEXAN TÓDOLOS DÍAS!





No día de Rosalía desfrutamos non só de cancións homenaxe, contos e poemas desta gran autora  senón que puidemos, grazas ao maravilloso traballo do Equipo de Normalización, ler, recitar, signar e escoitar este maravilloso poema.
Grazas Rosalía , sigamos loitando pola nosa terra!
Que mellor forma de comezar o ano que festexando o día da paz!!! e por iso que ademais de traballar valores a través dos contos, cheamos as nosas aulas de mensaxes pacifistas e solidarios..

  

  


                                            

miércoles, 9 de enero de 2019

FELIZ 2019!!!!!

Damos a benvida a este ano...lendo!!!! e para iso aquí os deixamos algunhas recomendacións de contos para encher os tempos de lecer!


Para esas tardes de frío, quentiños baixo as mantas no sofá...


...para encher este ano 2019 e todos os vindeiros de optimismo!!...


                                                                              ...para fomentar a creatividade e o pensamento
                                                                                    non hai mellor cousa que o aburrimento!!!


e para pais e nais nostálxicos que desexen amosar aos seus fillos pelis da súa época en forma de conto e así desfrutar da lectura, en familia !!!!

Os desexamos un ano 2019 cargado de historias estupendas!!!!