miércoles, 16 de abril de 2025

OBRADOIRO: libro de familia

 Boas familias,

Témosvos preparado un obradoiro para pasar un momento de lecer coas vosas crianzas da man do escritor e ilustrador Pablo Otero.

Será o luns 28 de abril pola tarde na biblioteca do cole (17:30 a 19:30h).

Propoñémosvos pasar en familia un momento de entretemento entorno ás lecturas, a novidade? Vós seredes os protagonistas, mellor! as autoras e autores do voso libro. Seguro que aos rapaces lles encantará facelo con vós.

Por aquí tedes un documento que nos pasou Pablo para que lle botedes un ollo e veñades cunha idea do que se fará. É un pouquiño longo, non vos imos enganar, pero olládeo, o último parágrafo indícavos materiais para traer...

Agradeceriamos que lles confirmarades a vosas asistencia ás titoras para ter unha estimación de familias participantes que viredes, ogallá que moitas!

Esperamos vervos!!