Chegou o día do gran estreo!!!
Como vos adiantara foi un traballo conxunto...
Todo comezou cando, como vai sendo habitual, Omar Rabuñal decidiuse a facer o obradoiro de gravación co noso alunado de FP co proxecto de centro como trama da curta.
Toca un pouco de teoría e tamén pensar que queremos contar e como darlle forma, repartimos os papeis aínda que non é relevante porque todos participamos, ben actuando ou ben formando parte do equipo técnico, vestiario, atrezzo...
Mentres Omar monta a curta, o alunado deseña as invitacións e a cartelería publicitaria, porque esta vez queremos compartir o que facemos no cole e proxectala fora para o que se reserva un gran salón de actos, a ocasión ben o merece. O alunado invita un por un a cada compañeiro e compañeira do centro, así como ás mestras, ATES e resto de persoal non docente, ninguén pode faltar!
Créase un photocall, uns detalliños... dúas mestras preparan ao seu alunado, en tempo record, para conducir o evento nos roles de presentadores, acomodadores, fotógrafo, azafatos, etc. A pesar da premura, dos nervios, da expectación... foi un éxito, todas e todos desfrutaron da curta, dos regaliños e dalgunha outra sorpresiña máis.
Graciñas a todos os asistentes, a colaboración do persoal do cole, ás familias que se achegaron, foi moi significativo para nós e sobretodo, para o alunado.
E xa non me lío máis, imos ao que vos interesa, ás imaxes, clicade no enlace final para ver a CURTA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario