Tocounos varias pezas de Bach así como a obra doutros compositores que nos deixou ensimismados e atrapadas porque "onde as palabras fallan, a música fala" e este foi o exemplo hoxe no noso cole. E para mostra, un botón: aquí temos un dos peques expresando o que lle gustou a través do comunicador! so por este xesto, pagou a pena!
Ao remate do pase deste talentoso chelista, e como no cole hai mestras e mestres con destrezas e boas habilidades, que tanto montan mobles, como fan nós mariñeiros, controlan de circuitos eléctricos ou tocan un instrumento... pois como de música iba o tema, o mestre Gabriel deleitounos coa súa guitarra tocando temas de pop español que acompañamos os demais con cancións, bailes e palmas.
Así que hoxe tivemos unha sesión de música do máis entretida...
E si todo saiu así de ben sin telo organizado, que nos esperará o luns na biblioteca polo seu día?? Pasade por aquí que volo contarei.
Charibicos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario