E como sempre por estas datas, as mestras andan nestes días tolos de reunións e rematando papeleo, por eso paso eu por aquí para despedirme…
Víase lonxe pero chegou o final deste curso tan peculiar no que pasamos por numerosas emocións, dende a incertidume, a inseguridade, pasando en ocasións polo medo; pero pola contra, tamén con ganas, ánimo e positivismo, contaxiando, SI! Pero so ilusión por facer!!!
Queremos amosarvos o que fixemos nestes meses, as mestras puxeron
o seu empeño en que todo fora o máis ameno e levadeiro para o noso alumnado. Afrontaron
as dificultades con soltura, gañaron en autonomía, medrou a creatividade… O
noso alumnado tivo un comportamento exemplar, adaptándose ás circunstancias
sempre con boa actitude.
Antes, quero mandar a miña gratitude a toda a comunidade
educativa, ás mestras que
buscaron alternativas ás actividades que sempre fixeran, resto de persoal do
centro por implicarse, participar e apoiar, ás familias pola axuda e comprensión, e sobre todo ao alumnado, son a nosa motivación.
Con este video-resumo poño broche final a este curso 2020/2021 inesquecible.
Despedímonos ata o vindeiro curso.
Que desfrutedes do verán!
Vémonos en setembro no novos folgos😉
Apertas de Charibot!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario