Estimadas familias,
co motivo do Día Internacional da Discapacidade, queremos facer unha actividade entre todxs.
Cómo a imos conmemorar? Amosando as CAPACIDADES do noso alumnado, para o cal pedimos a vosa colaboración.
Por favor, precisamos que lle fagades unha foto ou video (de escasos segundos) ao vosx fillx, representando a habilidade ou talento no que destaque (debuxar, cantar, trepar, xogar, etc.), vós mellor que ninguén o sabe.
Esperamos as imaxes de todo ou case todo o alumnado con ilusión, con elas faremos un video, que publicaremos na páxina web do cole; lembrade que lles encanta verse.
Podedes enviarnos a imaxe ata o día 29 de novembro a este enderezo: axaneladossonos@gmail.com.
Aproveitamos para recordarvos que firmedes a Autorización (sinalando as datas) ou a Non Autorización que vos enviaron as titoras, e nola remitades para ir preparando no cole outras conmemoracións.
Moitas grazas!
Por certo! no me perdades a pista...en breve recibiredes novas miñas e vos explicarei porque mudei o parche....
Saúdos de Chari_??__
No hay comentarios:
Publicar un comentario