28 de xuño: Día Internacional do Orgullo LGTBI+
E que significan estas
siglas: L G T B I??
Pois as compañeiras do Equipo de Extraescolares,
coa colaboración de Biblioteca, fixeron un traballo moi bo. Partindo dun conto:
“Sirenas” e cun glosario, enténdese moi ben cada un destes termos. Na entrada
anterior difundimos esta actividade.
A diversidade sexual é unha realidade que a nosa
rapazada debe coñecer, neste sentido, a familia e a educación teñen un
papel fundamental. A identidade sexual ou de xénero, recollida
baixo as siglas LGTBI, segue a ser tabú para algunhas familias polo que é
importante a súa normalización e comprensión tanto na casa como nas aulas.
Unha forma de facelo pode
ser a través dos libros. Por eso hoxe, vos propoñemos varias lecturas sobre este tema.
Fixemos unha selección de libros específicos de
LGTBI que explican termos ou contan historias con persoaxes diversas
relacionadas coa temática que conmemoramos hoxe. Pero un libro é moito máis que
un único contido… coa selección que fixemos intentamos abarcar outros aspectos ou
temas que xurden a partir do concepto LGTBI como son os tipos de familias que
se forman, as relacións interpersoais, ao mesmo tempo que estamos a traballar
valores como a tolerancia, o respecto, a diversidade… potenciamos a
visibilidade, a normalización, etc.
Contar con esta bibliografía na nosa biblioteca foi
posible grazas a parte da asignación do PLAMBE, así como dos Contrato-programa.
A continuación vos ensinamos cales libros foron os que adquirimos; están esperando a ser lidos por vós en setembro…Agardo que vos
gusten as propostas e tomedes nota.
No hay comentarios:
Publicar un comentario