Boas familias,
Como ides?
Se se vos acaban os recursos en formato papel aquí vos deixamos
o enlace á paxina dunha mestra que elaborou moitos videocontos de libros tan coñecidos coma El cazo de
Lorenzo, Por 4 esquinitas de nada, Elmer, El Grúfalo, etc… Ademais preparou actividades con cada un deles, pode serviros
de guía.
Pero antes, unha suxerencia para a lectura diaria do conto: podedes
facer unha introducción previa con esta canción de Pablo Díaz en LSE (nunca ben mal aprender máis linguas) ou escenificado.
A continuación, ledes o conto, falades del, analizades as
persoaxes, cal gustou máis/menos?, facer un debuxo, contar as letras dos
nomes, separar en sílabas (depende do nivel d@ vos@ fill@)... Como vedes, un
conto danos para moito nestes días…
- O prometido é débeda, os enlaces:
- Máis contos en castelán:
- Aquí tedes a Carabuñas.
- Da editorial Kalandraka están a subir contiños en galego.
- Mirade! A canción de Paco Papán en LSE todo un descubrimento a E.I. Abelliñas de Oleiros.
Aquí vos deixo uns contos cantados e tamén aquí tedes máis para os máis peques da
casa e o imprescindible Pollo Pepe; e aínda que a Vaca Lola non é un conto, seguro que algún dos alumnos máis peques do noso centro se pon ledo se a escoita.
E non nos esquecemos dos adultos e adultas,
que precisan desconectar un pouco,
aquí dispoñedes miles de libro
para descargar legal e gratuitamente.
-------------->
E non nos esquecemos dos adultos e adultas,
que precisan desconectar un pouco,
aquí dispoñedes miles de libro
para descargar legal e gratuitamente.
-------------->
Apertas!
Lembrade que podedes deixarnos os vosos comentarios, sería un pracer lervos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario