Queridas familias,
Non vos imos preguntar como estades a levar a situación porque
podémolo imaxinar… estar toooodo o día cos cativos e cativas encerrados na casa
pode ser moi complicado, e a eso sumarlle o teletraballo
dos adultos -nos mellores dos casos- … é unha combinación imposible.
Seguro que a estas alturas tedes o móbil cheo de propostas
para facer cos máis peques na casa, pero dende a biblioteca do cole queremos
propoñervos LER!!! como non podía ser doutro xeito... Tamén somos conscientes de que todo aconteceu
precipitadamente e que ir ás biblios para abastecernos de contos non foi a nosa
prioridade nese momento, polo que toca tirar dos libros dos que dispoñemos na casa e sobre
todo, de darlles unha segunda oportunidade a aqueles que non nos gustaron nun
primeiro momento.
Precisamente estes contos dannos máis xogo… porque todos poden
ser lidos, escribir o seu título, os nomes das persoaxes, falar deles, facer un
debuxo, etc. pero se non nos gustou… que cambiaríamos para que nos agradase? Esperabas
ese final?, como o rematarías ti?, engadirías outras persoaxes?, que nome lles poñerías? E quen sabe, se cadra se convirte nun dos nosos favoritos!!
Se vos quedades sen libros na casa, e dado que non se poden
compartir coa veciñanza, aquí vos deixo uns enlaces para que poidades ler na
rede:
Para os máis maiores, podedes facer as seguintes lecturas con actividades:
Outra opción son os
libros que nos propoñen facer manualidades con materiais moi diversos, na nosa
biblio temos a colección de Parramón; estes días seríanos moi útil o de material de refugallo e, os que vivades nunha casiña con terreo, o de vexetais e sementes… O que me lembra o noso horto escolar… Que vos parece
si estes días de encerro aproveitamos para facer algunha manualidade que
decore o noso horto e espante aos paxaros? Seguro que as vosas titoras
estarán encantadas de recibilas.
Ánimo familias, a pasar estes días como se poida.