As nosas nenas e nenos teñen que ser conscientes de que o xénero non pode ser causa de padecer ningún tipo de discriminación, desigualdade, violencia...
Temos que ser capaces de transmitirlles que: as cores, os xogos, a educación, as profesións, os coidados, as tarefas do fogar, etc; non teñen que ver co xénero, teñen que ver coas persoas que conformamos o mundo e as súas responsabilidades.
Queremos MULLERES E HOMES LIBRES, capaces de compartir e loitar a diario xuntos, sendo quen de escoller aquilo co que se sintan a gusto.
Unha das vías que temos para facelo é a lectura e por iso aquí compartimos algúns dos marabillosos títulos seleccionados para este gran día. FAGAMOS QUE O DÍA DA MULLER SEXAN TÓDOLOS DÍAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario